Padrón da taxa pola recollida de Lixo-Vivendas e Padrón de Exaccións unificadas de industriais
<br />
Segundo publicación do Boletín Oficial da Provincia nº 106 de data 1 de xuño de 2007, estes padróns correspondentes ao ano 2007, estarán en exposición pública ata o día 16 de xuño de 2007 e poderán consultarse nos negociados de Lixo Vivendas e de Exaccións Unificadas Industriais, a excepción dos sábados que se exporán no Rexistro Xeral, en horario de 9.00 a 13.00 horas.
Esta exposición pública producirá os efectos de notificación das liquidacións relativas ás cotas das taxas de lixo vivendas, lixo industrial, entrada de vehículos e reserva de estacionamentos que figuran consignadas para cada un dos contribuíntes. Poderanse interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pagamento ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art. 137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.