Ciclo de cine francés dedicado á actriz Isabelle Huppert no Audirtorio Municipal
Coincidindo coa inauguración da exposición "Novos Horizontes. Artistas contemporáneos de Francia", e como actividade complementaria destas mostra, Cineclub Lumière, Alianza Francesa e o MARCO ofrecen durante este mes de xuño un ciclo de cine dedicado a Isabelle Huppert no Auditorio Municipal.
Froito desta colaboración, e para potenciar o carácter complementario do ciclo de cine e da exposición, as persoas que asistan a calquera das películas do ciclo recibirá unha entrada gratuíta para visitar a mostra, válida durante todo o seu período de apertura. Así mesmo, os membros da Agrupación de Amigos do MARCO beneficiaranse dun desconto do 25% no prezo de entrada ao ciclo, a mesma tarifa que se aplica ás persoas asociadas ao Cineclube.
Isabelle Huppert
Naceu en París en 1955. Graduouse no Conservatorio da súa cidade natal. Con tan só 16 anos apareceu por primeira vez en pantalla cun personaxe que xa anunciaba como ía ser a súa traxectoria no cine: foi ás ordes de Claude Sautet no filme "Ela, el e o outro". Un ano despois deu vida á pequena Jacqueline no filme "Os rompepelotas", pero realmente a fama internacional chegaríalle coa calada protagonista de "A encaixeira", de Claude Goretta. Con pouco máis de 20 anos fixo realidade o seu soño infantil de ser actriz.
A súa presenza representa a cara "anti-star" do cine francés contemporáneo, e a súa versatilidade faina crible en calquera tipo de situación. Ten traballado cos máis interesantes directores europeos e americanos, e encheu as pantallas en máis de 80 películas nos máis variados roles: desde asasina inesperada ata heroína pouco recomendable, dama delicada, muller fatal, ou mesmo papeis cómicos. Trinta anos de profesión e moitos personaxes inesquecibles convértena nun dos nomes indispensables da cinematografía mundial.
As películas da semana
O ciclo de cine dedicado a Isabelle Huppert iniciouse o pasado luns 4 de xuño e continúa na semana do 11 ao 17 con cinco novas propostas para o público. Son as seguintes:
"Coup de Foudre" ("Entre nós"), de Diane Kurys. Francia, 1982. 110 miutos. Luns 11. 20.30 horas.
Lyon, 1952. Lena abúrrese na compaña de Michel, con quen casou durante a guerra sen estar namorada. Coñece a Madeleine, unha muller libertina que tamén se aburre ao carón dun home inconstante. Ambas as dúas inician unha amizade cada vez máis devoradora, que inspira os ciúmes de Michel. Cando Madeleine marcha a París, pídelle a Lena que a acompañe. Ela decide entón abandonar o seu fogar.
"Madame Bovary", de Claude Chabrol. Francia, 1991. 140 minutos. Martes 12. 20.30 horas.
En 1827, Emma, filla dun granxeiro, contrae matrimonio con Charles Bovary, un médico da campiña normanda. De carácter idealista e novelesco, ella perde rapidamente as ilusións de felicidade pola rudeza dos pequenoburgueses normandos. O apaixonado romance cun mozo aristócrata levaraa a unha situación de difíciles consecuencias.
"La séparation" ("A separación"), de Christian Vincent. Francia, 1994. 88 minutos. Mércores 13. 20.30 horas.
Esta película conta a separación de dúas parellas. Primeiro, a de Pierre e Anne. Anne ama outro home. Hai reconciliacións fallidas, desputas e crises ata que comprenden que a súa historia non ten solución e o único que lles queda é afrontar a segunda separación: a dos pais e a do seu fillo Louis, de dous anos de idade.
"La cérémonie" ("A cerimonia"), de Claude Chabrol. Francia-Alemaña, 1995. 112 Xoves 14. 18.30 horas.
A familia Leliévre vive nunha sinxela casa nos arredores dunha vila bretona. Sophie, a nova asistenta, é eficiente pero un pouco estraña. Cando comeza unha amizade con Jeanne, a empregada de correos da vila, atopa nela unha alianza qua se converte nunha revelión salvaxe, alén do ben e do mal.
"La pianiste" ("A pianista"), de Michael Haneke. Francia-Alemaña-Polonia-Austria, 2001. 131 minutos. Xoves 14. 20.30 horas.
Unha muller, profesora de piano nun conservatorio, frecuenta cines pornos e tendas de sexo para escapar da influencia dunha nai dominante. Todo se complica cando un dos seus alumnos se propón seducila.