Escoitar

Proxecto Combo participa no ciclo imaxina na rúa do festival de Jazz Imaxina Sons'07

O ciclo Imaxina na Rúa, uhna iniciativa de Imaxina Sons que pretende achegar o jazz á rúa, continúa o sábado 9 de xuño coa actuación dos grupos da escola viguesa Proxecto Combo.

venres, 8 xuñ 2007
1181305817combo.jpg
Proxecto Combo comeza a súa andadura no ano 2002 da man de Carlos Segovia, músico especializado no traballo con "combos" ou grupos de alumnado ou profesionais no ámbito da música improvisada, o jazz, o blues, ou o funk. Algúns dos grupos de alumnado de Proxecto Combo téñense estreado xa en concertos e grabacións.

Así, "Jazz for fun" ten participado no festival de jazz de Baiona e "Sax Machine" xa ten grabado o seu primeiro CD co que ten realizado unha xira patrocinada polo IGAEM. (Ambas formacións serán as que se presenten o vindeiro sábado). Na escola interprétanse arregros orixinais de estándares e composicións propias adecuadas ao nivel dos músicos. A persona responsable dos arregros dirixe ademais a cada combo. Máis info en www.proyectocombo.com

Os dous grupos que actuarán o sábado 9 son:

SAX MACHINE: Jorge (guitarra), Philippe (baixo), Anxo (batería), Guislan (saxo)

JAZZ 4 FUN: Paula Rodríguez (voz), Tato Garrido (batería), Luis Suárez (saxo), César (baixo), Gonzalo (piano)

HORARIOS E LOCALIZACIÓNS

11,30h: Peatonal do Calvario

13,00h: Independencia-Travesas

17,30h: Príncipe-zona centro

19,30h: Montero Ríos

Descargar todas as imaxes