Escoitar

Á venda as entradas para o concerto de Julieta Venegas do próximo 30 de xuño

O primeiro concerto das Festas do Cristo da Victoria, o de Julieta Venegas, celebrarase o vindeiro 30 de xuño no Auditorio de Castrelos de Vigo. As entradas para asistir a este concerto estarán á venda a partir do martes, 12 de xuño, tanto en Internet como na Central de Espectáculos de Vigo.

luns, 11 xuñ 2007
1181560125julietavenegas.jpg
Para mercar as entradas na rede compre visitar a web de Caixanova, www.caixanova.es .Na Central de Espectáculos poden mercarse na rúa Velázquez Moreno 26 de Vigo de luns a venres entre as 10 e as 13.30 horas e de 16.30 a 20.00 horas. Os sábados, a oficina está aberta pola mañá. Tamén poden adquirirse por Internet en www.centralespectaculos.com.

O concerto de Julieta Venegas celebrarase o 30 de xuño, sábado, no Auditorio de Castrelos. Os abreconcertos, Tulsa, actuarán ás 22.30 horas, e tras eles sairá ao escenario a cantante mexicana. O prezo das entradas é de 6 euros en venda anticipada e de 8 no despacho de entradas. Sairán á venda un total de 4.000.

Julieta Venegas

Julieta Venegas naceu en Tixuana, na Baixa California, onde comezará a estudar piano clásico aos oito anos. Edita o seu primeiro disco, Aquí, producido por Gustavo Santaolalla, no que ademais de cantar tocaba o acordeón, piano, guitarra e vibráfono. Co seu segundo disco xa foi nomeada a dous Grammys Latinos, nas categorías de Mellor Canción de Rock por Hoy no quiero e ao Mellor Disco de Rock por Buen invento. O terceiro disco da mexicana, Sí, foi o primeiro no que se atreveu cas labores de produción. Acadou con el un gran éxito, superando o medio millón de copias vendidas. O cuarto, Limón e sal, é o que a trae ata Vigo. Supón un punto e aparte na súa carreira, lanzándoa ao estrelato internacional. O disco está cheo de boas cancións, creativas, inspiradas e persoais. Con el acadou o MTV Latino 2006 á Mellor Solista e o Grammy Latino na categoría de Mellor Álbum Alternativo. Na súa xira só vai facer dúas paradas en Galicia, que serán en Santiago e en Vigo.

TULSA

Baixo o nome de Tulsa agóchase o universo de Miren Iza, unha guipuscoana (Fuenterrabía, 1979) que deu os seus primeiros pasos no mundo da música co grupo Electrobikinis, co seu punk-rock e surf cantado en inglés. Electrobikinis sepáranse en 2002 e é entón cando Miren Iza comeza a crear cancións en castelán, dando pequenos concertos acompañada á guitarra por Alfredo Niharra, e neles, a súa voz rota encrespa a pel e abre feridas esquecidas. O seu disco Sólo me has rozado, unha crónica de días negros, de dor e decepción, é un dos máis agardados do ano, grazas á sensación que causou Estúpida, o primeiro single.
1181560125julietavenegas.jpg
1181560338tulsaband2.jpeg