A Corporación di adeus ao presente mandato
Este mércores foi xornada de despedidas no Concello, ao se reuniren por última vez no mandato que finaliza o Pleno da Corporación Municipal, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo e a Xunta de Goberno Local.
As tres xuntanzas serviron para que a alcaldesa, Corina Porro, agradecese "o traballo dos que non van formar parte da próxima Corporación" e desexase sorte aos que se incorporan agora. Ademais, durante a reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, Corina Porro agradeceu o labor do seu equipo técnico, en especial o de Xavier Rivas, quen ocupou ata o de agora o posto de xerente.