A Concellería de Cultura patrocina con 8.000 euros a Feira do Libro de Vigo
A Concellería de Cultura patrocinará cunha achega de 8.000 euros a Feira do Libro Novo de Vigo, que terá lugar na Praza de Compostela do 29 de xuño ao 6 de xullo. Esta cantidade, 2.000 euros máis que en 2006, destinarase á inserción de publicidade da Concellería nas casetas e no material de difusión das actividades da Feira.
Concretamente, a achega municipal servirá para financiar a elaboración e colocación de publicidade nas casetas, así como dunha pancarta para situar na cabeceira da carpa de actividades complementarias e actuacións da Feira do Libro.
Ademais, a Concellería insertará publicidade do Concello nos 3.000 programas e 2.000 carteis da Feira, así como nas cuñas que se emitirán por megafonía no recinto da feira. Así mesmo, a colaboración da Concellería será obxecto de mención especial en todos os actos públicos e promocionais, como entrevistas, roldas de prensa e presentación de actividades e comunicados.
A XXXIII Feira do Libro Novo de Vigo contará coa presenza de 30 casetas de editoriais e librerías.
Descargar todas as imaxes