Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Venda ambulante en Samil

<br /> <br />

venres, 15 xuñ 2007
Con motivo do inicio da época estival e para actualizar as autorizacións de ocupación dos postos de venda ambulante existentes en Samil, infórmaselle ás persoas que tiveron autorización durante o ano 2006 que para a renovación das mesmas deberán presentar a seguinte documentación:

- Orixinal do DNI ou do permiso de residencia
- Orixinal do carnet entregado o ano pasado
- Vida laboral
- Xustificante do empadroamento.

A documentación deberá ser presentada nun prazo máximo de 10 días dende a publicación do presente anuncio, no Departamento de Mobilidade e Seguridade, sito no sótano 1º da Casa Consistorial, telef.: 986-81-01-21.