"Conta con Elas" e "Eduardo Chao" colaboran na posta en marcha de bancos do tempo
Vigo contará con cinco bancos do tempo desde este mes de xuño ata decembro, como experiencia piloto desenvolvida desde cinco locais adscritos á Federación Veciñal "Eduardo Chao" e apoiada pola Mancomunidade de Vigo e o Proxecto "Conta con Elas".
Os bancos do tempo son espazos concibidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural.
O Proxecto "Conta con Elas" impulsa de xeito experimental a súa posta en marcha en Vigo, entendendo os bancos do tempo como unha medida que favorecerá a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e mulleres.
O banco do tempo é o primeiro banco que funciona sen cartos. Neste banco unicamente se pode depositar tempo. Así, unha persoa deposita unhas horas de tempo ofrecendo un servizo que quere dar e, a cambio, pode pedir tempo doutras persoas para necesidades do día a día. A unidade de cambio é a hora, independentemente do servizo que se ofreza ou que se reciba.
No marco do proxecto de bancos do tempo en Vigo, "Conta con Elas" organizou, nunha primeira fase, o obradoiro de formación "Posta en marcha e mantemento de bancos do tempo", dirixidos a representantes de asociacións de mulleres e asociacións veciñais da área de Vigo, que tivo lugar nos meses de febreiro e abril. Xa nesta segunda fase, "Conta con Elas" impulsa a creación de cinco bancos do tempo na cidade de Vigo. Para iso, o Proxecto financiará durante seis meses os mencionados bancos e cede o equipamento informático e o material necesario para o seu funcionamento.
O proxecto gañador para a creación dos bancos do tempo na cidade foi o da Federación Veciñal de Vigo "Eduardo Chao". A proposta de "Eduardo Chao" para obter a maior repercusión posible baseouse nun proxecto que contempla catro puntos diferentes de xestión, ademais dunha oficina central situada no local da Federación.
Son catro puntos que abranguen o rural e o urbano para chegaren ao maior número de persoas e aos perfís máis plurais posibles. As sedes estarán situadas no local da Federación (na praza da Princesa) e na Secretaría da Asociación Veciñal Fonte do Galo (no Areal), na Secretaría da Asociación Veciñal "A Paz" (na Doblada), na Secretaría da Asociación Veciñal de Coruxo e na da Asociación Veciñal "O Freixo", de Valadares.
A Federación tamén utilizará para a difusión do programa a sensibilización directa desde as asociacións veciñais federadas, mediante unha rede de 33 asociacións con presenza no 90% do territoriko local. Cada asociación veciñal disporá de información sobre bancos de tempo e, ademais, existirá unha rede de axentes veciñais encargados da sensibilización.
Os bancos do tempo de Vigo son unha experiencia pioneira en Galicia. No resto de España, algúns dos bancos do tempo en funcionamento son os de Badalona e Terrassa (Barcelona), barrios de Chamberí e Tetúan (Madrid), Universidade de Sevilla, El Escorial e Zona Norte-Alcobendas (Madrid), Bilbao, Vitoria e Zaragoza.
Descargar todas as imaxes