Escoitar

Remata o ciclo "Imaxina na rúa" coa actuación da Escola das Artes de Brión

O sábado 16 de xuño remata o ciclo Imaxina na Rúa coa actuación da Escola das Artes de Brión. Con esta iniciativa, o festival Imaxina Sons quixo amosar o jazz que se está a facer nas escolas de Galicia e norte de Portugal, implicadas na ensinanza de tan atractiva disciplina musical.

venres, 15 xuñ 2007
1181913235carteljazz.jpg
Ademais ten conseguindo levar a música ás rúas da cidade e conectar fácilmente co público. Para a actuación deste sábado, haberá un pequeno cambio horario no segundo pase do día, quedando finalmente da seguinte maneira:

11,30h: Peatonal do Calvario

13,30h: Independencia-Travesas

17,30h: Príncipe-zona centro

19,30h: Montero Ríos

ESCOLA DAS ARTES DE BRIÓN

Formación:
Tomás Rábanos (Marimba e Berbouka), Julia Sánchez (Congas e Berbouka), Mauro Rábanos (Marimba e Berbouka), Brais Pazó (Batería), Carlos Freire (percusión), Fiz García (baixo), Adrían Nistal (Teclados), Guillermo Santiso (Batería e Marimba) Loli Nogueira (Voz), Xurxo Lois Varela (guitarra), Irene Adán (Violín).
Descargar todas as imaxes