O festival "Imaxina Sons" presenta o seu ciclo de mesas redondas e conferencias
Co ciclo de mesas redondas e conferencias, o festival Imaxina Sons pretende analizar cada ano cuestións relativas ao pasado, presente e futuro do jazz e outras músicas alternativas. Con esta iniciativa paralela á súa programación de concertos, quere servir de punto de reflexión da man de especialistas ou poñentes con ópticas de interese e relevancia.
Nesta terceira edición do Imaxina Sons, coincidindo co aniversario do falecemento do xenial pianista Tete Montoliu -ao que o festival xa adicou no mes de abril un concerto-homenaxe-, adicarase unha das mesas redondas para lembrar a súa figura.
Outra mesa redonda versará sobre as dificultades e maneiras de abordar proxectos jazzísticos de envergadura, coa presenza de tres experiencias prácticas diferentes entre sí: o Instituto Valenciano da Música, a Orquestra Nacional de Jazz de Francia e a orquestra Italian Instabile.
A conferencia "Jazz Portugal Hoxe" percorrerá o presente do jazz en Portugal, sen dúbida un dos exemplos máis fecundos e interesantes do jazz europeo das últimas décadas.
As tres actividades desenvolveranse no salón de actos do Marco a partir das 20.30 horas e a entrada será libre. Aconséllase puntualidade, porque acto seguido e sen demora celebraranse os concertos de solistas (Luns 25 Antonello Salis, Martes 26 Markus Breuss e Mércores 27 Chefa Alonso). Para ditos concertos, poranse á venda as entradas (2 €) a partir das 20.00 horas no propio Marco.
LUNS 25
Conferencia: "Jazz Portugal hoxe", a cargo de José Duarte, profesor de jazz invitado da Universidade de Aveiro (Portugal)
MARTES 26
Mesa Redonda: "Tete Montoliu: xenio e figura"
Horacio Fumero, contrabaixista habitual no trío de Tete
Chema García, crítico de jazz de "El País"
Luis Bará, afeccionado musical
MÉRCORES 27
Mesa Redonda: "Proxectos jazzísticos: tres casos prácticos"
Jorge García, xefe do Departamento de Documentación do Instituto Valenciano da Música.
Ramón López, músico participante na ONJ (Orquestre National de Jazz) de Francia na súa edición 1997-2000.
Giancarlo Schiaffini, membro da Italian Instabile Orquestra