Jesús Paz toma posesión como novo presidente da Autoridade Portuaria
O novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Paz, tomou posesión do seu cargo este martes nun acto ao que asistiron o alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez Olveira.
Jesús Paz, anteriormente presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, foi definido por Abel Caballero como unha persoa "dotada de todas as características necesarias para ser un magnífico presidente do Porto de Vigo". Caballero, que ocupou a Presidencia da Autoridade Portuaria durante 20 meses antes de acceder á Alcaldía de Vigo, asegurou que "desde o Concello faremos todo o posible e todo o imposible para que a cidade e o Porto marchemos xuntos na mesma dirección".
Na súa intervención, o novo presidente do Porto afirmou que o obxectivo fundamental da súa futura xestión será "facer de Vigo o referente portuario do arco atlántico". Para iso, sinalou, a política da Autoridade Portuaria basearase en tres piares: a calidade das instalacións e dos servizos, a seguridade e o respecto ao medio ambiente e á sostenibilidade.
O acto de toma de posesión de Jesús Paz como novo presidente do Porto contou coa presenza das conselleiras de Política Territorial, María Xosé Caride, e de Pesca, Carmen Gallego.
Descargar todas as imaxes