Santi Domínguez inaugurou a sala Breogain, un espazo aberto ás diferentes propostas artísticas

luns, 16 xul 2007

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Mocidade, Iolanda Veloso, inauguraron hoxe luns a sala "Breogain", un novo espazo cultural no que terán cabida un grande número de propostas artísticas diferentes como concertos, exposicións, monólogos, teatro ou proxeccións. A sala forma parte do complexo musical Areamaster, situado na estrada de Camposancos e que leva máis de 15 anos no sector da producción musical.

120 persoas despiden os cursos do "Súbete ó Castro" ata setembro

mércores, 27 xuñ 2007

O pasado sábado celebrouse unha Festa Fin de Curso coa que se concluía a tempada de inverno do programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellería de Xuventude. O acto que comezou ás 10:00 e que contou cun público de arredor de 120 persoas, serviu de mostra en vivo do traballo desenvolvido polo alumnado dos diferentes cursos ó longo dos dous cuatrimestres.

O prazo para inscribirse nos campamentos do "Verán Xove" ábrese o luns

venres, 1 xuñ 2007

O luns 4 de xuño ábrese o prazo para inscribirse nos campamentos do "Verán Xove". A inscrición pode realizarse na Casa da Xuventude (r/ López Mora, 31, tel. 986 29 48 06) ata completar prazas, en horario de 10.00 a 13.30 (de luns a venres) e de 17.00 a 19.30 horas (de luns a xoves). Para formalizala, os interesados deben presentar unha fotocopia do DNI do propio solicitante ou do pai/nai, unha fotocopia da tarxeta sanitaria e dúas fotos tamaño carnet.