Cociña para namorar, técnicas para ligar e masaxes eróticas nas "Tardes e Noites Vivas"
Esta fin de semana, as mozas e mozos de Vigo poderán atopar a Cupido acudindo ás actividades do programa "Tardes e Noites Vivas". Neste espazo van ter lugar, entre outros, os obradoiros de cociña para namorar, técnicas para ligar e masaxes eróticas.
Os que non queiran coñecer a Cupido directamente tamén terán outras alternativas dentro do programa, con actividades deportivas (fútbol sala, parkour, musculación, squash), acceso ás novas tecnoloxías (internet, chat, messenger, bluetooth, conexión wifi...), diferentes modalidades de bailes (funky, latinos, salsa, danza oriental e break), xogos (de mesa, de rol, de estratexia e enxeño, da videoconsola wii) e outros obradoiros (coiro, cócteles sen alcohol, teatro, móbiles...).
Ademais, os mozos e mozas poderán participar no sorteo de 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes con webcam e micro e tres bicicletas pregables.
A programación completa de "Tardes e Noites Vivas" pódese encontrar na Casa da Xuventude (r/ López Mora, 31), no Punto Xove (r/ López de Neira, 27), no Espazo Xove do Castro (no monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas), e nos stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, institutos, etc.
Máis información: Casa da Xuventude (r/ López Mora, 31). Teléfono: 986 294 806. Correo electrónico xuventude@vigo.org.