Caballero recibe de Consultora Galega o documento modificado do Plan Xeral
O alcalde, Abel Caballero, recibiu no mediodía deste xoves o documento modificado do Plan Xeral elaborado por Consultora Galega. Coincidindo con este acontecemento, Caballero apelou os grupos políticos municipais para que o PXOM sexa aprobado antes de fin de ano e co acordo de todos.
Tal e como estaba previsto, o documento modificado do Plan Xeral foi entregado por Consultora Galega este xoves, circunstancia que Caballero salientou en varias ocasións durante a rolda de prensa que ofreceu para informar e emitir as súas opinións sobre este tema. Segundo sinalou o alcalde, o cumprimento do prazo débese á "forma de traballar seria e responsable" e á "dedicación intensiva" da empresa redactora.
A finalidade da modificación do Plan Xeral encargada a Consultora Galega era a de introducir no documento unha serie de cambios defendidos polo Goberno local, entre os cales destacan o da reserva do 40% de vivenda protexida en todos os ámbitos de solo urbano non consolidado e solo urbanizable e o cumprimento dos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia através das Consellerías de Política Territorial e Medio Ambiente.
Caballero cualificou a entrega da modificación do PXOM de "momento feliz" para Vigo, e fixo un "chamamento á unanimidade" dos grupos políticos para que "todos marchemos na mesma dirección" de cara á súa aprobación definitiva antes de fin de ano.
O alcalde adiantou que exporá o novo documento aos dous grupos políticos do Goberno local na reunión da Xunta do próximo luns, para que cada un faga a súa propia valoración e tome as decisións correspondentes ao respecto. A oposición disporá do Plan modificado "inmediatamente" despois, segundo afirmou Caballero, quen barallou un horizonte de 20 a 25 días para a celebración do Pleno onde se decidirá o envío do PXOM á Xunta de Galicia para que o aprobe definitivamente. Este calendario, aclarou o alcalde, responde á necesidade de dar tempo suficiente á Administración autonómica.
Descargar todas as imaxes