O tenente de alcalde participa en Liverpool nunhas xornadas do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asiste desde este xoves á Conferencia Anual de Navegación a Vela que se celebra en Liverpool, impulsada polos organizadores do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros, proba que partirá de Vigo no 2009.
Durante dous días o tenente de alcalde representará a nosa cidade, xunto a representantes doutros portos participantes, nas xornadas e actos protocolarios que se desenvolverán e que supoñen a presentación anual desta regata, que antes se denominaba Cutty Sark.
A representación viguesa, da que tamén forma parte o concelleiro Carlos López Font, asistirá aos diferentes foros nos que se abordarán os diferentes aspectos que teñen que ver coa navegación a vela e a incidencia que un evento destas características ten nas cidades que o acollen. Prevese que Vigo reciba nesas datas preto dun millón de visitantes, coa conseguinte repercusión social e económica que iso terá.
O tenente de alcalde sinalou, antes de desprazarse a Liverpool, que o obxectivo desta viaxe é recabar información para a organización da saída do Desafío no 2009. "Queremos que Vigo ofreza a mellor saída da regata posible e máis tendo en conta que coincidirá coa celebración do Bicentenario da cidade. Sen dúbida vai ser un dos actos importantes desa celebración e vai permitir unha magnifica proxección internacional da nosa cidade", explicou.
O Desafío Atlántico de Grandes Veleiros partirá de Vigo o 3 de maio, aínda que os veleiros estarán no noso porto xa desde o 30 de abril. A regata fará escalas en Tenerife, as Illas Bermudas, Halifax (Canadá) e rematará en Belfast (Irlanda do Norte) no mes de agosto.
O pasado 30 de outubro constituíuse o Comité Executivo do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros 2009, que será o encargado de preparar a cidade para ese evento. Traballarase na organización de todos os aspectos organizativos, pero tamén na preparación de actividades deportivas, sociais e culturais paralelas.