Abel Caballero quere asinar o convenio da nova depuradora antes de fin de ano
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este venres en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, para acelerar a sinatura do convenio entre o Goberno central, a Xunta de Galicia e o Concello polo que se dotará dun total de 160 millóns de euros a construción dunha nova depuradora en Vigo.
Desta cantidade, 104 millóns serán achegados polo Ministerio de Medio Ambiente, 44,8 pola Xunta e 11,2 polo Concello. O alcalde asegurou en declaracións aos medios de comunicación tras regresar de Santiago que o conselleiro de Medio Ambiente ten a "vontade absoluta de levar adiante o proxecto" e reunir o importe que lle corresponde á Administración autonómica.
Segundo explicou Abel Caballero, actualmente estase elaborando o anteproxecto detallado que reflectirá os orzamentos da nova depuradora e as condicións en que se construirá. O alcalde indicou que o Concello "non está en coñecemento" da marcha deste traballo, polo que un dos obxectivos da sinatura do convenio entre o Goberno central, a Xunta e o Concello é que este último "teña presenza activa en todo o proceso" para dotar a Vigo desta infraestrutura. Neste sentido, Caballero adiantou que "imos acelerar a sinatura" do convenio para que teña lugar antes de fin de ano e coa intención de licitar a obra en 2008.
Seca
Outro dos asuntos que trataron Abel Caballero e Manuel Vázquez foi o da falta de chuvias. O alcalde cualificou de "razoable" a situación dos encoros vigueses, que están ao 64% da súa capacidade, e lembrou que o Concello está restrinxindo o baldeo de rúas con auga doce. Con todo, Caballero sinalou que "desde a Consellería e o Concello queremos seguir recomendando un uso e consumo moi responsable da auga".
Tamén en relación a este tema, o alcalde anunciou que o Goberno local está estudando o establecemento dunha nova tarifa da auga, coa que buscaría incentivar o aforro. Neste sentido, unha das medidas que se barallan é a de reducir o consumo mínimo que se debe pagar. En todo caso, Abel Caballero adiantou que a idea sobre a que traballa o Concello é facer "que os que consomen menos paguen menos" e subir o recibo "proporcionalmente" aos que cosomen máis.
Vigozoo
Por outra parte, Abel Caballero e Manuel Vázquez trataron a posibilidade de darlle un novo enfoque ao zoolóxico de Vigo para convertelo nun "foco referencial en toda Galicia". Para o alcalde, este novo enfoque viría dado por un aumento do número de especies e de animais con que conta o parque e unha reorientación deste cara a tarefas de conservación.