Escoitar

Reunión da Xunta de Goberno Local

venres, 16 nov 2007
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 19 de novembro, ás 08.00 horas en primeira convocatoria e ás 09.00 horas en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:


1.- Dar conta da resolución de Alcaldía de data 9.11.07 aprobando a asistencia dunha delegación oficial á Conferencia Internacional da Sail Trainning Associaction en Liverpool.

BENESTAR SOCIAL
2.- Ratificación da subscrición dun convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o SERGAS e o Concello de Vigo para o confinanciamento do programas de prevención en drogodependencias. Expte. 26408/301.

CULTURA
3.- Contratación do concerto de Dominique Visse-Le Nuove Musiche para Festival de Música "Are More" 2007. Expte. 10531/331.

4.- Contratación do espectáculo "Orfeo y Eurídice" a cargo da Cía "La Mar de Marionetas" para o Festival de Música "Are More" 2007. Expte. 10532/331.


FESTAS E A.SOCIOCULTURAL
5.- Bases do concurso "Vente cos Reis Magos 2008". Expte. 2355/335.

INTERVENCIÓN
6.- Xustificantes de libramentos.

MEDIOAMBIENTE
7.- Proxecto de mellora ambiental e da accesibilidade do Areal do Carril (Alcabre-Vigo). Expte. 5171/306.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
8.- Axuda económica a D. José Félix Ferreiro para taxi adaptado-Eurotaxi. Expte. 74097/140.

9.- Axuda económica a D. Juan José Iglesias Martínez para taxi adaptado-Eurotaxi. Expte. 74098/210.

PARTICIPACIÓN CIDADÁN
10.- Solicitude de autorización da asistencia de D. Francisco J. Gutiérrez Orúe a xornadas sobre tecnoloxías da información, en Lugo e Xixón. Expte. 3370/320.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
11.- Prórroga do servizo para a execución dos servizos de atención ó público en dependencias culturais e exposicións. Expte. 10524/331.

12.- Devolución de fianza a Ecoplanin Xestión e Información Ambiental S.L. Expte. 2021/241.

13.- Reclamación de D. José Luis Bastos Rey de responsabilidade patrimonial por danos. Expte. 589/243. Desestimada.


PERSOAL
14.- Contratación de dous ordenanzas-porteiros polo período de tres meses. Expte. 17821/220.

15.- Dar conta da resolución da Alcaldía sobre gratificación por servizos especiais e extraordinarios en compensación ás horas en exceso realicadas polo persoal so Servizo de Extinción de Incendios-outubro de 2007.

16.- Axudas especiais e socio-sanitarias con cargo ó Fondo Social dos traballadores. Expte. 17739/220.

17.- Recoñecemento de grao persoal a D. Manuel A. Córdoba Ardao. Expte. 17826/220.

18.- Dar conta da resolución do concelleiro de Persoal sobre a incoporación ó posto de traballo de D. Ramón Vázquez Rial. Expte. 17824/220.

19.- Dar conta da resolución do concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal sobre o pase a situación de servizos especiais de D. Antonio Villanueva Guimeráns. Expte. 17823/220.

20.- Complemento de productividade ó persoal do Operativo de protección de víctimas da violencia de xénero correspondente ó mes e outubro de 2007. Expte. 17920/220.

21.- Compensación económica ós choferes da Alcaldia por non disfrutar a xornada de verán do ano 2007. Expte. 17816/220.

22.- Complemento de productividade do persoal de Conserxería correspondentes o 3º trimestre de 2007. Expte. 17817/220.

URBANISMO
23.- Modificación puntual da Ordenanza reguladora das axudas á rehabilitaicón de vivendas no Casco Vello e Bouzas. Expte. 2758/407.

24.- Proxecto de compensación do PERI IV-09 baixada a San Roque. Resolución de recursos de reposición.Expte. 4692/401.

25.- Rogos e preguntas.