Esta fin de semana comeza a nova programación de "Súbete ao Castro"

xoves, 14 feb 2008

Esta fin de semana reinícianse as actividades de "Súbete ao Castro", un programa de lecer xuvenil alternativo que organiza a Concellería de Xuventude. Para participar nas actividades, que son gratuítas e se desenvolven no Espazo Xove do Castro, ao carón da Pista de Bicicletas do Parque do Castro, só é preciso cubrir unha ficha de inscrición no local.

O BNG defende regular o botellón para compatibilizar os dereitos á diversión e ao descanso

venres, 1 feb 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres que o BNG defende a posibilidade de regular a práctica do botellón para lograr que o dereito dos mozos e mozas á diversión sexa compatible co dereito da cidadanía ao descanso. Neste sentido, Santi Domínguez sinalou que o BNG quere que "canto antes" se convoque a comisión correspondente para reinvindicar a compatibilidade destes dous dereitos.

Iolanda Veloso entrega os premios aos 68 gañadores do sorteo das "Tardes e Noites Vivas"

xoves, 31 xan 2008

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, entregou este xoves os premios aos gañadores e gañadoras do sorteo celebrado no marco do programa "Tardes e Noites Vivas". En total foron 68 os mozos e mozas que obtiveron o seu agasallo. En total, repartíronse 25 MP4, 20 marcos dixitais, 20 altofalantes para Pc con webcam e micro e 3 bicicletas pregables, segundo salientou Iolanda Veloso.

Iolanda Veloso entrega los premios a los 68 ganadores del sorteo de las "Tardes e Noites Vivas"

xoves, 31 xan 2008

La concejala de Juventud, Iolanda Veloso, entregó este jueves los premios a los ganadores y ganadoras del sorteo celebrado en el marco del programa "Tardes e Noites Vivas". En total fueron 68 los chicos y chicas que obtuvieron su regalo. En total, se repartieron 25 MP4, 20 marcos digitales, 20 altavoces para Pc con webcam y micro y 3 bicicletas plegables, según destacó Iolanda Veloso.

As uvas serán substituídas por lacasitos e conguitos

Despedida do ano na disco light<br />

venres, 28 dec 2007

A Concellaría de Xuventude ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de celebrar, este sábado día 29 na discoteca light, a despedida anticipada do ano. Para elo a discoteca estará ambientada de xeito espectacular para a ocasión e contará con canóns de confeti e unha máquina de neve artificial que farán a ledicia dos participantes.Haberá tamén cotillón, música tradicional de noite vella e espectáculo de animación.

Despedida das "tardes e noites vivas"

xoves, 27 dec 2007

Esta fin de semana, venres 28 e sábado 29, o programa da concellaría de Mocidade "Tardes e Noites Vivas" despide a súa edición de outono 2007. Para elo está previsto un Torneo de espadas de goma-espuma na Asociación Xuvenil Cancerbero. No pavillón do Berbés, ademais das actividades deportivas (musculación, squash e baloncesto "Vigo en xogo"), celebraranse varios obradoiros: un de imaxe persoal que se centrará sobre todo nos complementos, un de candeas e outro de bailes de salón. O pavillón de Coia apostará polos bailes tipo salsa, os xogos de estratexia e enxeño e o fútbol sala.

Ofertas de lecer para mozos e mozas

xoves, 20 dec 2007

Coa chegada das vacacións de Nadal, os mozos e mozas de Vigo queren pasalo ben e aproveitar o tempo libre do que dispoñen. Para iso, o programa da Concellaría de Xuventude "Tardes e Noites Vivas" oferta un gran abano de alternativas nas que poder participar.

DJ Peke 1.27 actuará este sábado na Disco Light

xoves, 13 dec 2007

O sábado 15 de decembro, a Disco Light da Sala A! (Avda. Beiramar, 113) contará coa actuación en directo do DJ PEKE 1.27, considerado coma o DJ máis pequeno de Europa, xa que mide 1 metro e 27 centímetros, e que forma parte do libro Guinnes dos Records.