O venres 2 de maio comeza a VI edición dos Castroconcertos
Unha das principais liñas de actuación do programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" da Concellaría de Xuventude é a relacionada coa música, cunha ampla oferta de cursos gratuítos de formación musical ademais de ser sé dun dos locais de ensaio municipais.
Como culminación desa liña de promoción da enerxía creativa da xente moza de Vigo, o programa "Súbete ó Castro" lanza a iniciativa dos Castroconcertos, que no presente ano 2008 celebrarán a súa sexta edición.
Os Castroconcertos pretenden servir de plataforma de lanzamento da creación musical da mocidade viguesa ofrecendo a oportunidade de actuar en vivo aos grupos afeccionados.
Nos Castroconcertos teñen cabida todos os estilos musicais, dende o hip-hop até o death metal pasando pola música experimental ou o jazz.
Nas últimas cinco edicións (2003-2007) realizáronse unha media de 16 concertos por edición, cunha asistencia total global de 5719 persoas. Na presente edición 2008 están previstos 34 concertos, que farán que arredor de 68 grupos se suban ao escenario.
Os concertos desenvolveranse durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, nas noites dos venres e sábados, a partir das 23:00h no escenario situado fronte á pista de bicicletas do Parque de O Castro.
O primeiro concerto terá lugar o vindeiro venres 2 de maio coas actuacións de TRACK ASEDIO (rap), Duke Sam, Dikeity, Dr. Valda, Dj B-Neil, Dj Fabio, e Antuán.
A axenda de todos os concertos do mes de maio xa está colgada na web oficial dos Castroconcertos en www.castroconcertos.org, onde haberá información permanentemente actualizada.
Descargar todas as imaxes