mércores, 30 abr 2008
Abel Caballero mostrouse "extraordinariamente contento" das actuacións propostas para Vigo pola Consellaría de Política Territorial no seu Plan Íntegra, e fixo balance dalgunhas das urbanas, como os túneles entre Beiramar e Bouzas, entre Antonio Palacios e Portanet ou entre Julián Estévez e a ETEA. Xunto co novo PXOM, "todo o que a cidade soñaba xa está en marcha", salientou o alcalde.
mércores, 30 abr 2008
No marco do plan de modernización e mellora dos servizos que ofertan os establecementos de restauración e hoteleiros de Vigo que se está desenvolvendo dende Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio e Turismo, comezou xa a entrega de 350 tronas infantís a 117 restaurantes e 21 hoteis da cidade. "Queremos que os establecementos de Vigo teñan servizos axeitados para os seus usuarios e usuarias e tiñamos constancia de que esta era unha das súas demandas", salientou o tenente de alcalde, o Santi Domínguez, durante a entrega simbólica das primeiras cadeiras, que tivo lugar este mércores no hotel Husa – Bahía de Vigo.
mércores, 30 abr 2008
No marco das iniciativas desenvolvidas polo Concello de Vigo para dinamizar o Casco Vello, do 1 ao 18 de maio doce locais do barrio histórico da cidade participarán nas segundas Xornadas do Mexilón, segundo anunciou o tenente de alcalde, Santi Domínguez. "Nestas xornadas ofertaránse racións deste molusco, coa elaboración que cada local elixa, cun prezo dun euro cada unha", explicou o tenente de alcalde.
mércores, 30 abr 2008
Vigozoo organiza a cuarta edición do concurso de fotografía dixital dirixido ó público que visite as instalacións do zoo o próximo xoves 1º de maio. O obxectivo do concurso é promover o zoo e as actividades que nel se realizan, coincidindo co día de portas abertas.
mércores, 30 abr 2008
Abel Caballero ofreceu unha recepción na Alcaldía do Concello de Vigo ao equipo técnico e o plantel do Gestibérica Vigo, por mor do seu título na Leb Bronce e o ascenso á categoría de Plata. Unha exitosa campaña que van celebrar cos afecionados ao baloncesto este venres no Pavillón das Travesas.
mércores, 30 abr 2008
A Oficina Municipal de Voluntariado organiza, dentro do seu programa de formación anual, o seminario dirixido a asociacións, "Comunicación e Márketing nas Entidades de Voluntariado" que terá lugar o próximo xoves, día 8 de maio no Centro Cívico do Casco Vello (C/ Oliva nº 12) a partires das 18:30h. A charla pretende reflexionar sobre a importancia do márketing nas entidades non lucrativas apuntando algunhas pautas para que axuden a unha comunicación máis eficaz nelas.
mércores, 30 abr 2008
Unha das principais liñas de actuación do programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" da Concellaría de Xuventude é a relacionada coa música, cunha ampla oferta de cursos gratuítos de formación musical ademais de ser sé dun dos locais de ensaio municipais.
mércores, 30 abr 2008
As corais e as bandas de música de Vigo continúan durante o mes de maio o ciclo de actuacións prevista e organizadas pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural.