Break dance, trivial friky, dobraxe e tapas son algunhas das actividades que oferta esta fin de semana as Tardes e Noites Vivas
O programa de ocio alternativo xuvenil da Concellería de Xuventude, Tardes e Noites Vivas, oferta novas actividades esta fin de semana do 18 e 19 de abril, segundo anunciou este xoves a concelleira nacionalista Iolanda Veloso. Break dance, trivial friky, dobraxe cómica, pincos e tapas son algunhas das novas propostas que se desenvolverán o venres e o sábado a partires das 17 horas.

"Tardes e Noites Vivas é un programa que oferta un gran abano de posibilidades para que os mozos e mozas de Vigo poidan investir o seu tempo de ocio de xeito alternativo e divertíndose con actividades de calidade que se desenvolverán en distintos espazos e horarios", sinalou a concelleira de Xuventude. O Espazo Xove do Castro será o primeiro en abrir as súas portas co servizo Cíber (acceso a internet, chat, messenger, wii, bluetooth e conexión wifi) e outras actividades coma danza oriental, un obradoiro para aprender a baixar e colgar vídeos, teatro con obxectos, miniolimpiadas wii, break dance, dobraxe cómica ou tenis de mesa, entre outras. O seguinte en unirse á programación será o espazo da Asociación Xuvenil Abertal, a partires das 18 horas, con obradoiros variados, sala de xogos, play station, conversas en inglés, torneo de futbolín, acceso a internet e break dance.
Xa ás 22:00 horas poranse en marcha a noite de trivial friky e xogos de mesa na Asociación Xuvenil Cancerbero. O pavillón do Berbés abrirá ás 23 horas e ofertará bailes, obradoiros de cociña, musculación, squash e dous encontros cada noite de baloncesto "Vigo en Xogo". A praza da Estrela,os sábados a partires das 23.30 horas, acollerá diversas actividades de animación na rúa, con malabares e actividades de performance, artes plásticas realizadas con materiais procedentes do lixo, e música. A disco light, que ten lugar os sábados na Sala A! a partires das 17 horas, ofrece unha sala de ocio alternativo para mozos e mozas e programa divertidas festas temáticas.
A programación detallada pódese atopar na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org) ou, en formato folleto, na Casa da Xuventude (teléfono: 986 294 806, correo electrónico xuventude@vigo.org), así como nos diferentes centros educativos.