martes, 15 abr 2008
A inauguración da "Operación Carballo", promovida pola Obra Social de Caixa Galicia coa colaboración co Concello de Vigo, contou coa participación do alcalde, Abel Caballero, o Diretor Xeral da entidade bancaria, José Luis Méndez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Antonio Ocampo. O proxecto naceu tras os incendios forestais que asolaron Galicia no verán de 2006.
martes, 15 abr 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste martes un encontro con membros do Comité Organizador da Semana de Acción Mundial pola Educación, reunión na que se estudou incrementar nos próximos anos a partida orzamentaria viguesa destinada á Cooperación ao Desenvolvemento. O obxectivo do organismo é que os Concellos dirixan o 0,7% dos seus orzamentos a esta causa.
martes, 15 abr 2008
O concelleiro de Cultura, Xesus López, asinou este martes un convenio co presidente da Federación de Bandas de Música e a Asociación de Corais de Vigo (Acopovi), Enrique Lorenzo, por importe total de 188.000 euros. "Dende o goberno municipal e coa sinatura destes convenios, queremos garantir que as corais e as bandas de Vigo actúen por toda a xeografía da cidade durante todo o ano", subliñou o concelleiro .
68 grupos de diferentes estilos musicais, fundamentalmente de xente moza, subiranse ao escenario dos Castroconcertos os venres e sábado á noite, dos meses de maio,xuño, xullo, agosto e setembro
martes, 15 abr 2008
Unha das principais liñas de actuación do programa de lecer "Súbete ó Castro" da Concellaría de Xuventude é a relacionada coa música, cunha ampla oferta de cursos gratuítos de formación musical ademáis de ser sé dun dos locais de ensaio municipais. Como culminación desa liña de promoción da enerxía creativa da xente moza de Vigo, o programa "Súbete ó Castro" lanza a iniciativa dos Castroconcertos, que no presente ano 2008 celebrarán a súa sexta edición.
martes, 15 abr 2008
Este mércores 16 de abril, ás 20.15, o salón de actos do MARCO acolle o concerto do grupo italiano ZU, correspondente ao Salón Sinsal Primavera. Unha cita coa banda que xira en Europa acompañando a Mike Patton <Faith no More> e que forma parte dun selecto cartel de culto por todo o mundo. Prezo da entrada 10 euros.
martes, 15 abr 2008
O polideportivo de Coia acollerá este sábado, 19 de abril, a Festa Infantil de Kárate, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. O certame, que comezará ás 17 horas e no que participarán máis de 350 nenos e nenas de todas as idades "é unha mostra da realidade variopinta do deporte na cidade de Vigo", salientou o concelleiro.