A Festa Infantil de Kárate celébrase este sábado no polideportivo de Coia con máis de 350 participantes
O polideportivo de Coia acollerá este sábado, 19 de abril, a Festa Infantil de Kárate, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. O certame, que comezará ás 17 horas e no que participarán máis de 350 nenos e nenas de todas as idades "é unha mostra da realidade variopinta do deporte na cidade de Vigo", salientou o concelleiro.
"O karate demostra a viveza que ten o deporte na cidade e a importancia da base en todas as modalidades", sinalou Xabier Alonso. O concelleiro explicou que o evento é unha cita para nove entidades deportivas da cidade, como son as Escolas Deportivas do Concello, a Escola de Kárate Shotokan, o colexio Mariano, o colexio Doblada, o colexio San Salvador de Teis, o colexio Enseñanza, o club Coia, o ximnasio Body Line e o ximnasio Multisport.
A competición dará comezo ás 17 horas e posteriormente faranse demostracións de kárate, kobudo e taichi a cargo da agrupación deportiva Zanshin de Vigo, organizadora do certame e que contará coa presenza de Rosa Fontaíña, presidenta da Rede Veciñal contra os Malos Tratos, tema central da xornada. Xa ás 18.45 horas está prevista a entrega de medallas e trofeos.
Descargar todas as imaxes