Vigo contará para a temporada estival cunha guía turística baseada no sistema GPS e pioneira no Estado
A cidade de Vigo contará, a partir do mes de xuño, cun sistema pioneiro para guiar aos turistas que se acheguen á cidade e queiran coñecela empregando as novas tecnoloxías de xeito doado, anunciou este luns o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez. Trátase dunha audioguía multimedia baseada no sistema GPS que estará a disposición dos usuarios nas oficinas de turismo mediante aluguer e dos deportistas que participen na Universiada se Vigo é sede do evento en 2013 "para que poidan coñecer no seu tempo de lecer os principais aspectos da cidade".
"Seguimos a traballar para que a nosa cidade siga ofrecendo unha imaxe de modernidade pero de xeito accesible e atraínte para os que nos visitan", subliñou Santi Domínguez, quen indicou que o dispositivo será presentado aos membros da FISU que visiten Vigo entre o 17 e o 21 deste mes de abril. "É un sistema pioneiro no Estado español que só é empregado nalgúns museos", explicou o tenente de alcalde. O prezo do alugar dos dispositivos, que se suman aos tradicionais planos e folletos que xa existen, é de 3 euros e se porán a disposición dos usuarios un total de 500 audioguías. O orzamento para poñer en marcha esta iniciativa, que inclúe a confección do material e o seu mantemento, ascende aos 30.000 euros.
O usuario, unha vez alugado o dispositivo, poderá elixir o idioma no que queira recibir a infomación entre o galego, o castelán, o inglés, o francés e o portugués; en función da demanda, sinalou o tenente de alcalde, "contemplarase a posibilidade de ampliar o abano de idiomas nos que se facilite a información". Xa na lingua escollida poderase elixir a ruta preferida entre as denominadas "Vigo completo", "Vigo media xornada", "Vigo gastronómico", "Vigo e a Arquitectura", "Vigo comercial", e "Vigo miradoiros". Unha vez elixida a ruta, o xeoposicionador vía satélite situará a posición do usuario e guiarao polo percorrido elixido previamente cargado na terminal.
Coa ruta "Vigo Completo" percorrerase o Casco Vello, Porta do Sol, Miradoiro de Paseo de Alfonso, Praza do Rei, O Castro, Praza de España, Gran Vía, Urzaiz, Príncip, Policarpo Sanz, García Barbón, Areal, Praza de Compostela e Montero Ríos. "Vigo en media xornada" guiará ao visitante polo Casco Vello, a Porta do Sol, Policarpo Sanz, Príncipe, Colón, Praza de Compostela e Montero-Ríos. Coa ruta "Vigo e a Arquitectura" poderase percorrer os edificios máis emblemáticos do Casco Vello, a Porta do Sol, Policarpo Sanz, Colón, Uruguai, García Barbón, Praza de Compostela e Montero-Ríos. "Vigo comercial" fará o percorrido polo Casco Vello, a Porta do Sol, Príncipe, Urzaiz, Gran Vía, María Berdiales, Progreso, Velázquez Moreno, Praza de Compostela, Carral e A Laxe. "Vigo gastronómico" amosará a variedade gastronómica da cidade a través de A Laxe, O Berbés, Real, Carral, Praza de Compostela, Luis Taboada e Avenidas. E finalmente, "Vigo: miradoiros, xardíns e esculturas" levará ao visitante aos monumentos máis representativos de A Laxe, o Casco Vello, Paseo de Alfonso, Castelo de San Sebastián, O Castro, Praza de España, Gran Vía, Porta do Sol, Praza de Compostela e Montero-Ríos.
"Nos próximos meses iranse ampliando tanto as rutas como o radio de actuación, integrando no dispositivo as praias, o cinto verde, as Illas Cíes e outros lugares de interese de toda a cidade", indicou o tenente de alcalde. O dispositivo informático, de menos de 200 gramos de peso, contén un procesador interno que reproduce na pantalla TFT a información multimedia gardada na memoria. O seu receptor GPS permite xeoposicionar o dispositivo no espazo utilizando un software único desenvolto por unha empresa de Vigo.
Deste xeito, o aparato guiará ao usuario polas rutas preestablecidas, amosándolle o seu paso a información de interese. Esta forma de guiar a visita, nova e pioneira en España, "favorecerá o libre percorrido, mellorando a percepción do visitante e dinamizando o comercio da cidade", subliñou Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes