venres, 18 abril 2008
O Consejo Superior de Deportes traslada o "apoio total do Goberno de España á candidatura" da cidade e o Presidente de Honra do COI amosa o seu convencemento da capacidade de Vigo para acoller a Universiada de Verán en 2013

O vicepresidente da FISU destaca o compromiso da cidade co deportes nas súas primeiras palabras en Vigo

A primeira hora da mañá chegaban ao Pazo de San Roque os membros das Comisión Avaliadora da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU) para ser recibidos polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, así como polos diferentes representantes da Corporación Municipal.<br />

Vigo acolle o único evento da saúde do Noroeste Peninsular

venres, 18 abr 2008

Preto de 400 firmas están presentes na primeira edición do Salón da Saúde e Hábitos de Vida, TodoSalud 2008, que ten lugar no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) do 18 ao 20 de abril. A Feira, dirixida tanto a profesionais como ao público en xeral, ven potenciar os hábitos de vida saudables a través de charlas, probas diagnósticas e degustacións gratuitas.

Exposición homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez

venres, 18 abr 2008

A Casa Galega da Cultura amosa do 21 de abril ao 25 de maio a exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez". Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este ano se adica o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico e a súa vida a través dos obxectos persoais e as pezas dos fondos da familia Álvarez Blázquez.

Xerencia de Urbanismo

Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2008

venres, 18 abr 2008

Segundo a publicación no BOP núm. 69 de data 10 de abril de 2008, estará en exposición pública o padrón do Imposto sobre vehículos de tracciòn mecánica ao ano 2008, dende o 11 de abril ata o 25 de abril inclusive, na oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello de luns a vernes, e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador.

Xerencia de Urbanismo

Contratación dun licencidado en dereito e un arquitecto

venres, 18 abr 2008

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, en sesión do 27 de marzo de 2008, autorizar a contratación en prácticas e por un periodo de seis meses dun licenciado en dereito e dun arquitecto superior para a Oficina de Información en materia de Vivenda na Xerencia de Urbanismo. O título dos candidatos non poderá ter unha antigüidade superior ós catro anos (seis anos, de tratarse dun traballador minusválido).