Escoitar

O Concello estuda instalar un gran centro de telecomunicacións no monte Cepudo

Ademais de dar servizo aos bombeiros e á Policía, a antena incluiría a Televisión Dixital Terrestre, a rede WIMAX e outros servizos que o converterían nun "centro de telecomunicacións avanzado". O proxecto, presentado este xoves pola Comunidade de Montes de Valadares, será estudado por Urbanismo e o alcalde mostrouse "seguro de que o imos levar adiante".

xoves, 17 abr 2008
12084367581_montes.JPG
A Comunidade de Montes de Valadares presentou este xoves ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, o proxecto para a futura antena que se erguerá no Monte Cepudo, e que prevé converter ao mastro nun "centro de telecomunicacións avanzado" que dé servizo ao entorno de Vigo e a súa área metropolitana.

A antena dará servizo tanto á Policía como aos bombeiros, e o departamento de Urbanismo do Concello de Vigo estuda incorporar máis servizos tales como a Televisión Dixital Terrestre (TDT) e a rede WIMAX, entre outros. O proxecto, calificado de "excepcional" polo alcalde, oscilaría entre os 100.000 e os 150.000 euros, un coste "asumible" que serviría para "cubrir lagunas" de comunicación existentes en Vigo. Abel Caballero mostrouse "seguro de que o imos levar adiante".

Regulación da venda ilegal de coches
Por mor das últimas informacións que alertan do incremento da venda ilegal de vehículos tanto en Galicia como en Vigo, o alcalde avanzou que esta problemática "xa forma parte das preocupacións do Concello", polo que se está a preparar unha ordenanza que regula esta actividade.

A normativa ven completar a ordenanza de carga e descarga, en fase de exposición pública, coa regulación dos vados, da accesibilidade para discapacitados e, entre outros temas, a venda ilegal de vehículos de carácter organizado no ámbito municipal.

O obxectivo do goberno local é "evitar a competencia desleal" dos grupos que utilizan determinadas zonas da cidade para por a venda vehículos, sen menoscabar o dereito dos propietarios individuais a vender o seu automóbil privado. A este respecto, Abel Caballero avanzou que o novo texto estará elaborado en "moi poucas semanas".

Licitada a nova Comisaría
O alcalde de Vigo calificou de "moi boa noticia" a licitación da subasta da nova Comisaría de Polícia de Vigo Redondela, proxecto presentado algunhas semanas atrás e publicado este xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE). O orzamento estipulado no documento oficial supera os 15 millóns de euros, con cargo ás partidas de 2008, 2009, 2010 e 2011.
Descargar todas as imaxes