Escoitar

Representantes do Concello visitan o zoobotánico de Jerez<br />

A concelleira de Medio Ambiente e presidenta de Vigozoo, Chus Lago,está de visita en Jerez para coñecer as instalacións do ZooBotánico desta cidade, considerado como os máis vanguardistas dos zoos españoles e dos principais europeos.

mércores, 16 abr 2008
1208350123zoo.jpg
Chus Lago, que viaxou acompañada da bióloga-conservadora de Vigozoo, Carolina Gonzalez , foi recibida pola delegada de Medio Ambiente e Sostenibilidade de Jerez, África Becerra con quen mantivo un encontro de traballo. Na xuntanza a concelleira de Vigo informouse dos distintos proxectos, iniciativas e programas que se levan a cabo na cidade andaluza e que teñen como base a triple filosofía do parque: educar, investigar e conservar.

Chus Lago realizou un percorrido polo ZooBotánico, no que visitou todos os departamentos desas instalacións.
Descargar todas as imaxes