Santi Domínguez salienta que a visita da comisión da FISU que comeza o xoves "é o exame final" para a candidatura de Vigo
A chegada dos membros integrantes da comisión técnica avaliadora da Federación Internacional de Deportes Universitarios ao aeroporto de Peinador será escalonada ao longo das 15.15 horas do xoves, cando está previsto que chegue o grupo máis numeroso, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez.
A visita, que será a primeira das tres cidades candidatas, comezará o venres 18 e desenvolverase ata o domingo 20, e nela amosaráselle á comisión os aspectos máis novidosos que Vigo está a preparar para acoller a Universiada do 2013 así como a propia cidade, facendo fincapé no pouco espazo de tempo necesario para trasladarse dende a Vila Universitaria ás diferentes instalacións deportivas.
"Esta visita é o exame final de Vigo para acoller a Universiada no 2013. A presentación en Bruxelas o 31 de maio servirá só para subir nota", subliñou o tenente de alcalde, xa que estes seis representantes da FISU deberán informar posteriormente ao resto dos 19 integrantes da comisión de cara á votación final que se celebrará en Bruxelas o vindeiro 31 de maio. A visita comezará o venres 18, ás 9.30 horas no Pazo de San Roque, cunha benvida oficial por parte do alcalde á comisión, integrada por Hisato Igarasi (Xapón), Kemal Tamer (Turquía), Malumbete Michael Ralethe (República Sudafricana), Sinisa Jasnic (Serbia), Stavros Douvis (Grecia) e Stefan Berg (Suecia). Media hora despois terá lugar a primeira sesión de traballo, na que o tenente de alcalde, Santi Domínguez, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o secretario xeral do Cedu, Antonio Montalvo e o director da candidatura Roberto Álvarez, farán unha presentación xeral do proxecto vigués.
A sesión continuará ás 10.45 horas coa explicación da experiencia deportiva no Estado español e en Vigo, e xa as 13.45 horas visitarase o campus Universitario, no que o reitor dará a benvida. Xa pola tarde, ás 15.45 horas está prevista a presentación á comisión das distintas instalacións deportivas, na que Santi Domínguez adiantou que se lles explicará "o pouco espazo de tempo existente entre a Vila Universitaria e as instalacións, que oscila entre os 15 e os 30 minutos. "Trataremos de que escollan unha das instalacións e o comproben in situ", subliñou. Posteriormente, ás 16.45 horas visitarase o Ifevi, que preparado xa coas últimas tecnoloxías, "se lle explicará á comisión que neste recinto tense celebrado eventos tan importantes como a World Fishing Exhibition". Ás 18 horas, e se a climatoloxía do día o permite, a xornada rematará cun percorrido pola cidade.
O sábado 19, a xornada comezará ás 9 horas coa cuarta sesión de traballo, centrada no medio ambiente, os medios de comunicación e o márketing. Ás 10.45 celebrarase a quinta sesión de traballo, que terá como eixos centrais os sistemas de xestión da Universiada, como acreditacións, control das chegadas e saídas, xestión e difusión dos resultados e sistemas de cronometraxe, entre outras cuestións. "Para esta sesión están preparadas xa grandes sorpresas", apuntou Santi Domínguez, entre as que mencionou a disposición de audioguías para os deportistas ou o acceso a Vila Universitaria mediante un control de seguridade "que non se ve nen se nota". Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que para desenvolver estes sistemas contouse coa axuda dos servizos de innovación da Universidade de Vigo. A xornada continuará ás 12.15 horas cunha visita ao hotel AC, proposto como lugar de aloxamento da Familia FISU, e ao Club Náutico. Ás 14 horas, e se as condicións climatolóxicas o permiten, farase un percorrido en barco pola Ría, e ás 16.30 horas visitarase a praia de Samil, lugar elixido para celebrar as competicións de volei-praia.
Pero é ás 17.30 horas cando segundo Santi Domínguez a cidadanía "ten que volcarse coa candidatura viguesa á Universiada". Trátase da celebración do Acto do Deporte, que terá lugar no pavillón de As Travesas. Neste sentido, o tenente de alcalde explicou que se está a traballar conxuntamente entre a organización e a Fundación VigoDeporte para conseguir que o pavillón "estea abarrotado". Tras este acto, terá lugar ás 21 horas no Museo do Mar, a cea oficial, na que ademais dos membros da comisión avaliadora participará a corporación municipal e os integrantes da plataforma de apoio á Universiada e o corpo consular radicado en Vigo.
A xornada de traballo do domingo 20 dará inicio ás 9 horas coa sexta sesión, centrada na seguridade, o aloxamento, o voluntariado e os recursos hospitalarios. Ao respecto, Santi Domínguez indicou que, por unha banda, resulta fundamental facerlles ver que Vigo é a terceira cidade máis segura do Estado español, por outra banda, salientou que a candidatura da Universiada conta coa colaboración do Sergas, de xeito que esta reunión contará cun representante desta entidade. A séptima sesión de traballo, prevista para as 10.45 horas, centrarase no control antidoping, ao respecto do cal o nacionalista Santi Domínguez adiantou que se exporán as novas tecnoloxías que se porán en marcha por primeira vez en Vigo no ámbito español; na promoción e programación cultural, na que se porá de manifesto que Vigo acollerá a Universiada Cultural de 2012. Ás 12 horas, o tenente de alcalde encargarase de expoñer cal será o legado da Universiada á cidade. Xa pola tarde, ás 17.30 horas terá lugar a reunión da comisión de evaluación co comité organizador e ás 19.30 horas pecharanse as sesión de traballo coas intervencións finais.
"O feito de que Vigo sexa a primeira cidade en ser avaliada non é nin bo nin malo", indicou o nacionalista Santi Domínguez, posto que no caso de que a cidade rusa de Kazan e a coreana de Kwang Ju se enteraran ao día seguinte das iniciativas organizadas en Vigo e as copiaran "valoraríase a orixinalidade das nosas propostas". O tenente de alcalde sinalou que un aspecto que pode xogar a favor da candidatura viguesa é o feito de que parte dos membros da comisión que chega mañá pertenzan a países da Unión Europea. Neste sentido indicou que en Vigo existe consulado de Suecia e que Vlado Gudelj xa amosou a súa disposición para estabelecer pontes de contacto co integrante serbio da comisión avaliadora. Ademais, anunciou que estase a traballar en colaboración coa Fundación Galicia- Europa para organizar diversos actos na capital belga antes do 31 de maio, data da votación final.
Descargar todas as imaxes