Cultura asina un convenio coas Asociacións de Bandas e Corais para celebrar concertos ao longo de todo o ano en toda a cidade
O concelleiro de Cultura, Xesus López, asinou este martes un convenio co presidente da Federación de Bandas de Música e a Asociación de Corais de Vigo (Acopovi), Enrique Lorenzo, por importe total de 188.000 euros. "Dende o goberno municipal e coa sinatura destes convenios, queremos garantir que as corais e as bandas de Vigo actúen por toda a xeografía da cidade durante todo o ano", subliñou o concelleiro .
Xesus López explicou que o convenio asinado coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, que ascende a 168.000 euros, presenta os obxectivos de "afondar na formación dos seus integrantes mediante o programa Aulas de Música nas bandas e de achegar a música a toda a cidadanía coa iniciativa Vigo, un mar de bandas". Ademais, o convenio contempla como novidades a celebración de concertos na praza de Compostela durante os meses de maio, xuño, xullo e setembro; na praza da Independencia nos meses de maio, xullo, agosto e setembro; en Bouzas durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro; no Calvario nos meses de maio, xuño e xullo; así como na semana grande das festas de Vigo, entre o 6 e o 14 de agosto.
En canto ao convenio con Acopovi, que ascende a 20.000 euros, supón importantes novidades, en tanto que permite a incorporación de tres novas corais, de xeito que se pasa de 27 a 33 agrupacións. Ademais, a achega impulsará a celebración dos concertos ao aire libre na escalinata do Marco, tras os bos resultados experimentados con esta proposta no Nadal. "Deste xeito se cumple o obxectivo da política cultural do BNG de achegar a cultura a novos públicos", salientou o concelleiro nacionalista.
O presidente da Federación de Bandas e de Apocovi, Enrique Lorenzo, pola súa banda, agradeceu ao concelleiro de Cultura a implicación e o apoio a estes colectivos, que ao seu xuízo "desenvolven un importante papel no ámbito da cultura". Así, explicou que en Apocovi participan arredor de 1.200 persoas, mentres que as bandas contan con máis de 800.
Descargar todas as imaxes