Comercio, hostelería e mercados distribuirán 100.000 pegatinas de apoio á Universiada
"Teño que agradecer ás asociacións de comerciantes, de mercados e de hosteleiros que dende o primeiro momento manifestaron a súa colaboración na preparación de Vigo como candidata a acoller a Universiada de 2012", salientou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, no acto de presentación das iniciativas que se levarán a cabo con estes colectivos durante a visita dos seis membros que integran a comisión avaliadora da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), que terá lugar do 17 ao 21 de abril.
Santi Domínguez lembrou que nesta visita, a cidade se xoga "o 80 por cento das súas posibilidades" e indicou que o mesmo Consejo Superior de Deportes recoñeceu que un dos elementos que decantou a elección entre Vigo e Murcia foi precisamente a visita que os membros do CSD realizaron á cidade, así como a involucración de todas as instancias viguesas.
"A involucración da cidadanía é fundamental, porque os organizadores dos grandes eventos queren que a súa repercusión sexa moi ampla; pero tamén lles interesa a comodidade e a seguridade dos participantes, polo que estes son os dous aspectos que termos que traballar nestes días", explicou. Santi Domínguez indicou que o vindeiro mércores darase a coñecer o programa que se desenvolverá durante a visita da delegación da FISU, que será recibida o xoves no aeroporto vigués e á que se lle entregará un dosier explicativo sobre a repercusión que a Universiada ten na cidade.
Entre as iniciativas organizadas polo equipo da candidatura de Vigo á Universiada 2013 figura o reparto masivo de 100.000 pegatinas co lema "Agora Vigo", a través das distintas asociacións de comerciantes de Vigo, a Federación de Mercados de Vigo (Mercacevi) e a Federación de Hosteleiros de Pontevedra. O obxectivo, segundo o tenente de alcalde, é o de "contribuir a dar a sensación de que Vigo está totalmente volcada coa Universiada". Ademais, Santi Domínguez adiantou que se están a elaborar máis de 100.000 bolsas, confeccionadas con material reciclado, para repartir entre o pequeno e mediano comercio da cidade, co obxectivo de que as persoas que se acheguen aos comercios vigueses "reciban de primeira man información e publicidade da Universiada". Sinalou tamén que se están a preparar diversos actos cos empresarios e co corpo consular "para que se sumen ao apoio á candidatura de Vigo", así como coa xente do deporte vigués.
O presidente da Federación de Hosteleiros de Pontevedra, José Magaz, manifestou que a organización da Universiada conta con todo o apoio da entidade á que representa, e felicitou ao tenente de alcalde polo "gran traballo realizado". Encarna Alvarez, presidenta de Fecovi, indicou que actos así "son os que precisa a cidade" e asegurou que os comerciantes nunca se sentiron "tan queridos como neste goberno". Raúl Fontán, pola súa banda, sinalou que dende a Federación de Mercados de Vigo "queremos brindar todo o noso apoio así como por a disposición as instalación dos mercados da cidade para promocionar este evento, tan importante para a cidade".
Estas accións se suman ao reparto masivo de 5.000 bandeiras co lema "Estamos preprados – We are ready", para colgar nos balcóns, especialmente naquelas zonas que vai visitar a comisión (zona centro, Náutico, Travesas, Balaídos, Bouzas, Alcabre, zona de praias...). As bandeiras poderán recollerse desde o martes pola mañá na Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Praza da Princesa), en todas as oficinas de Caixanova, na sede da Fundación Vide (Pavillón de As Travesas) e na oficina da Universiada (Centro Social Caixanova - Policarpo Sanz, 24-26).
Paralelamente vaise facer tamén un buzoneo masivo para explicar á cidadanía en que consiste á Universiada, os efectos positivos que a súa celebración tería para a cidade e reclamar a implicación dos vigueses e viguesas. Xa na presentación destas iniciativas, o tenente de alcalde agradecer o apoio amosado tanto por Caixanova como pola Federación de Asociacións de Veciños para desenvolver esta iniciativa. Neste sentido, o director de marketing de Caixanova, Jorge Santos, sinalou que "estamos chegando ao final dunha carreira de obstáculos e ata o de agora o esforzo foi de determinadas persoas, pero agora é preciso un esforzo colectivo. A cidade ten que transmitir no seu conxunto que estamos preparados".
Jorge Santos anunciou tamén que en todas as pantallas que Caixanova ten nos escaparates das súas oficinas e nas tres pantallas que ten instaladas pola cidade durante os días da visita vaise manter o eslogan "Estamos preparados – We are ready" e tamén se vai dar a benvida á cidade en diferentes idiomas. Pola súa parte a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños, Elena González, amosou a súa confianza en que a cidadanía vai a respostar. "Todo Vigo vai a estar chego de bandeiras e vai haber que facer máis que esas 5.000", asegurou. Elena González quixo tamén salientar a importancia que a Universiada vai ter para a cidade, máis alá do propio acontecemento deportivo en si, xa que considera que vai ser un elemento dinamizador de xeito que todas as infraestruturas que ven demandando a cidade estean listas no 2013.
"Dende o Concello de Vigo sentímonos tremendamente orgullosos pola resposta da cidadanía", subliñou o tenente de alcalde, quen salientou que Vigo ten dado un gran lección ao amosar que "cando se presentan proxectos ilusionantes e de consenso, a cidade responde".
Descargar todas as imaxes