Escoitar

Vigo acolle por primeira vez os premios fin de carreira de Galicia

O acto, que desde a súa primeira edición en 1991 celebrouse sempre en Santiago, contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. 37 mulleres e 20 homes foron galardoados este venres por obter os mellores expedientes académicos do 2007 nas tres Universidades de Galicia.

venres, 11 abr 2008
1207917532orienta.jpg
Os premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia entregáronse este venres en Vigo aos mellores expedientes académicos das tres Universidades galegas. Un total de 57 estudantes, 37 mulleres e 20 homes, recolleron os seus 3.500 euros, un diploma e unha estatuíña que os acredita como galardonados académicos do 2007.

Estes galardons supoñen o recoñecemento expreso da excelencia academica dos estudantes matriculados en calquera dos centros pertencentes a algunha das tres universidades galegas q remataron os seus estudos no curso academico 2006-2007.

Desde o inicio da celebración deste acto en 1991, esta ceremonia nunca saíra de Santiago de Compostela ata a edición deste ano, que tivo lugar no Recinto Feiral de Cotogrande. O evento contou coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, así como dos reitores ou vicerreitores en representación das tres Universidades galegas.

O alcalde de Vigo felicitou aos premiados e agradeceu ás autoridades e a organización o ter celebrado este acto na cidade. Abel Caballero salientou a labor que están a desempeñar tanto as Universidades como a administración pública para "tender lazos" entre a "realidade estudantil e profesional", como garante da "excelencia" e da "capacidade laboral" dos futuros profesionais.

Cos 57 premiados deste venres son xa 637 os titulados que recibiron tal distinción. Do total de galardoados desta edición, 30 alumnos -11 homes e 19 mulleres- pertencen á Universidade de Santiago, outros 16 -7 homes e 9 mulleres- á Universidade de A Coruña, e os 11 restantes -2 homes e 9 mulleres- proveñen da Universidade de Vigo. Para este ano se presentaron un total 178 candidaturas.

Para poder solicitar o premio era necesario posuir a nacionalidade española ou ser nativo dun estado membro da UE, ter unha puntuacion media no expediente academico igual ou superior a 2,7 puntos (para o alumnado das areas de ciencias experimentais e da saude, ciencias sociais e xuridicas e humanidades) e igual ou superior a 2 puntos (para alumnos/as da area das ensinanzas tecnicas), e ter rematada a carreira no curso 2006/2007.

O alumno da Universidade de Santiago, Jesús Carrete Montaña, acadou a mellor puntuación dos expedientes académicos do 2007, e foi o encargado de intervir en representación de todos os premiados.
Descargar todas as imaxes