Vigo volve ao circuíto musical internacional cos concertos de Lenny Kravitz, Bob Dylan e The Chemical Brothers
"A cidade de Vigo está a vivir xa unha nova etapa en tanto que é xa un referente das grandes promotoras de concertos", salientou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez, durante a presentación dos concertos deste 2008, entre os que figuran Lenny Kravitz, Bob Dylan,The Chemical Brothers, Roger Hodgson e Rubén Blades. "Grazas ao traballo coordinado entre Tenencia de Alcaldía, Concellería de Cultura e Ifevi iniciamos unha nova dinámica da que me sinto trementadamente satisfeito", asegurou.
![1207832125lenny.jpg 1207832125lenny.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1207832125lenny.jpg)
Santi Domínguez fixo fincapé en que hai xa enriba da mesa "ofertas interesantes", pero que non quere facer públicas ata non telas totalmente pechadas, "nun exercicio de seriedade e rigor". Precisamente a nova etapa ponse de manifesto coa actuación na cidade de figuras tan importantes no panorama musical internacional como Lenny Kravitz, que actuará o día 29 de maio, Bob Dylan, que o fará o 27 de xuño, e The Chemical Brothers, que ofrecerá o seu concerto o 2 de agosto no marco do Festival de Música Eletrónica Creamfields. Os tres concertos celebraranse no Instituto Feiral de Vigo, de xeito que as tres actuacións serán o "pistoletazo de saída para que este recinto sexa o referente das grandes actuacións musicais", subliñou o tenente de alcalde.
En canto ao concerto de Lenny Kravitz, o tenente de alcalde salientou que o artista estará en Vigo tres días antes do concerto, xa que precisamente nas instalacións do Ifevi fará todas as probas co seu grupo para a preparación da súa xira. Ademais do seu concerto en Vigo, no que presentará o seu último traballo, "It is time for a love revolution", está previsto que Lenny Kravitz actúe tamén nas cidades de Bilbao (5 de xullo), Barcelona (8 de xullo) e Madrid (6 de xullo, no marco do Rock in Rio Madrid Festival). O polifacético Bob Dylan, outro dos platos fortos deste ano, chega a Vigo despois de ser galardoado o ano pasado co premio Príncipe de Asturias das Artes. O Festival de Música Eletrónica Creamfields, pola súa banda, desenvolverase os días 2 e 3 de agosto, e ademais de de The Chemical Brothers, contará coas actuacións de Vitalic Live e Alexander Kowalski Live.
Neste sentido, o concelleiro de Cultura, Xesus López, sinalou que as empresas promotoras destes artistas deron o seu "visto bo" a este recinto pechado, especialmente despois de transmitirlles as modificacións técnicas que se levarían a cabo, como a construcción dunha estrutura de 16 de metros de altura, cando o habitual é que se faga de 14 metros. Deste xeito, sinalou o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias, "sáese ao paso das críticas feitas ao respecto da altura do recinto, posto queda solucionada". Por outra banda, Xesus López salientou tamén que o Concello de Vigo "non quere deixar de lado a visión mais popular dos concertos coas actuacións en Castrelos". Así para o escenario do parque vigués están xa fixados os concertos de Roger Hodgson, que terá lugar o 23 de xullo, e o de Rubés Blades, que será o 30 de xullo.
"VigoConcertos nace coa vocación de ofrecer actuacións de calidade que cubran un espectro suficientemente amplo para que satisfaga todos os gustos dos cidadáns e cidadás de Vigo e que se realicen en tres espazos: o Ifevi, Castrelos, e a Estación Marítima", explicou Xesus López, quen asegurou que nas próximas semanas "haberá novidades, pero se farán públicas cando estean pechadas".
En canto ao aspecto económico das actuacións, o concelleiro de Cultura indicou que os concertos de Lenny Kravitz e Bob Dylan apenas terán custo económico nin para o Ifevi nin para o Concello, xa que serán cubertos cos patrocinios e a recadación das entradas, que serán de 35 euros cada un. "Cremos que non son prezos excesivos, xa que queremos ofertar actuacións a un prezo razonable", subliñou ao respecto o tenente de alcalde, quen indicou que nalgunhas cidades a entrada para o concerto de Lenny Kravitz oscila entre os 50 e os 70 euros. Os concertos de Castrelos responden a outra filosofía, salientou Xesus López, posto que son abertos e gratuítos na súa maior parte. "Non se busca cubrir o seu custo co cobro das entradas, o cal non impide que se traballe na búsqueda de patrocinios", manifestou o concelleiro de Cultura. Así sinalou que traer a Vigo a Roger Hodgson custa 93.000 euros, mentres que contar con Rubén Blades ascende a 113.000 euros.
Descargar todas as imaxes