755 escolares prantan en Coruxo máis de 1.200 carballos
A inauguración da "Operación Carballo", promovida pola Obra Social de Caixa Galicia coa colaboración co Concello de Vigo, contou coa participación do alcalde, Abel Caballero, o Diretor Xeral da entidade bancaria, José Luis Méndez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Antonio Ocampo. O proxecto naceu tras os incendios forestais que asolaron Galicia no verán de 2006.
A "Operación Carballo", que se desenvolverá ao longo do martes 15 de abril e ata o xoves 17, deu comezo este martes coa plantazón de máis de 1.200 árbores no Monte Coruxo, en Vigo. Esta iniciativa, promovida pola Obra Social de Caixa Galicia coa colaboración co Concello de Vigo, xurdíu a raíz da ola de incendios que asolou a nosa Comunidade no verán de 2006, como una actuación de reforestación e de educación ambiental ao mesmo tempo.
755 escolares procedentes de 18 centros das provincias de Pontevedra e Ourense seleccionaron os carballos e participaron este martes na súa forestación, acompañados do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Diretor Xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e o Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Antonio Ocampo. Á finalización do acto, as autoridades descubriron unha placa conmemorativa do evento.
Éxito en Galicia
A nivel autonómico, a "Operación Carballo" supuxo un éxito de convocatoria. Preto de 1.000 maiores e 4.000 escolares foron coordinados desde a Obra Social Caixa Galicia para recoller nas carballeiras do país miles de landras que están dando lugar a novos bosques. Participaron neste labor 63 centros escolares da nosa Comunidade, os dez Centros de Maiores da Obra Social Caixa Galicia, a Residencia A Cidade da Coruña e o Centro On.
Moitos deses carballos, máis de 10.000, plantáronse nas principais cidades de Galicia a primavera pasada, tras haber xerminado e crecido ao coidado da rede de Centros de Maiores da Obra Social Caixa Galicia.
En canto aos carballos recollidos polos escolares, e xerminados ao abrigo das aulas, foron resgardados ao longo do verán pasado nun viveiro mentres crecían fortalecéndose ata converterse en xoves árbores listos para ser trasprantados e conformar un novo bosque.
Deste xeito, os alumnos e alumnas tomaron parte en todo o proceso, desde a recollida e plantación inicial de landras, pasando polo seu coidado mentres xerminan, ata a súa plantación final.