A Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo clasificada para a final da I Mostra de Novos Intérpretes Eixo Atlántico
Por primeira vez na eurorexion Galiza- Norte de Portugal, celébrase unha mostra musical na que se valora a calidade interpretativa dos novos músicos e se pon de manifesto o traballo educativo dos centros musicais. A mostra terá lugar o próximo día 19 de abril en Vilagarcia e na que participará a Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo.
A Mostra musical establece dúas modalidades ( solista e agrupación) onde os participantes deberán ter idades comprendidas entre 12 e 25 anos, e as agrupación non deberan superar os 22 membros.
A cidade de Vigo, representada pola Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo foi seleccionada, de entre tódalas agrupacións participantes dos concellos de Galicia e Norte de Portugal, na fase previa celebrada na Coruña o 1 de marzo pasado.
O 19 de abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partires das 16:00 horas comezará a final desta Mostra, na que están clasificados os concello de Guimaraes, Vila Real, Vila do Conde, Mirandela (Portugal) e Lalín, Viveiro, Santiago de Compostela, A Coruña, , Vilagarcía de Arousa e Vigo.
Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo
Para esta ocasión a Orquestra tivo que facer unha selección de entre os seus 40 compoñentes para poder cumprilas normas da Mostra e así reducir a agrupación ata os 22 membros.
A Orquestra esta composta maioritariamente por alumnos de 15 anos que levan traballando no repertorio a desenvolver durante estes últimos meses coa dirección de Óscar Davila Mariño.
Cabe subliñar as dúas solistas de frauta,Irene Parada e Inés Iglesias, alumnas da Escola Municipal de Música de Vigo que con 12 anos presentan unha grande calidade técnica e interpretativa.
Descargar todas as imaxes