"Bicos con lingua" represéntase o xoves no Auditorio Municipal no marco da programación municipal de teatro para adultos
A programación estable de teatro para adultos, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008, continúa mañá e pasado, 17 e 18 de abril, coa representación da obra "Bicos con lingua". A compañía Talía Teatro representará a obra no Auditorio Municipal o xoves e o venres ás 21:00 horas.
As entradas, de 5 euros, xa están a venda nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.
"Bicos con lingua" é un espectáculo no que a lingua galega cobra un protagonismo especial.é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. A montaxe é para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío. Foi galardoada con dous Premios María Casares, ao mellor actor (Artur Trillo) e ao mellor texto orixinal.
Talía Teatro, foi fundada por Artur Trillo no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Monta O Rei Aborrecido, de Xesús Pisón, Aquí Non Paga Ninguén, de Darío Fo, O Crime de Aldea Vella, de Bernardo Santareno, Gaivotas Subterráneas, de Alfonso Vallejo, Ai, Carmela, de J. Sanchis Sinisterra, e Rezagados, de Ernesto Caballero. No ano 1996, despois de constatar a evolución da compañía e de recibir boas críticas e premios, decidiu dar o salto ao ámbito profisional montando A Secreta Obscenidade de Cada Día, de Marco A. de la Parra, Pedro e o Capitán, de Mario Benedetti, Retén, de Ernesto Caballero, Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra, Soños dun Sedutor, de Woody Allen, Menos Lobos, de Artur Trillo, Xustiza Infinita, de Cándido Pazó, Bicos con Lingua, de varios autores, A Paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual, Eu Así Non Xogo, de Artur Trillo, e Mundos Contados, de Paula Carballeira, entre outros títulos.
O teatro para adultos continuará os días 24 e 25 de abril coa obra "E ti, quen vés sendo?", tamén a cargo de Talía Teatro.
Descargar todas as imaxes