Máis de 250 deportistas con discapacidade intelectual participarán o domingo nos XII Xogos Autonómicos de Natación
O vindeiro domingo, 20 de abril, daranse cita 258 deportistas con discapacidade intelectual das catro provincias galegas para participar nos XII Xogos Autonómicos de Natación, segundo anunciou este xoves o concelleiro de Deportes, o nacionalista Xabier Alonso. O evento, organizado polas asociacións Special Olympics Galicia e San Francisco, celebrarase na piscina do Carme (ubicada no pavillón das Travesas), dende ás 10.45 horas, que terá lugar a inauguración, ata as 19 horas, momento da clausura.
"É unha obriga da Concellería de Deportes agradecer á asociación San Francisco e a Special Olympics o seu traballo", salientou Xabier Alonso. Na súa intervención, o edil do BNG indicou que non é habitual aglutinar nun evento deportivo máis de 400 persoas, entre deportistas, adestrador, voluntarios e persoal de apoio e seguridade. "O deporte é unha forma de acadar metas e este obxectivo está ben reflectido no lema de Special Olympics, que di «Quero gañar, pero se non o consigo, deixádeme ser valente no intento»", subliñou o concelleiro de Deportes.
A celebración destes xogos segue o cerimonial da celebración das Olimpiadas, de xeito que os deportistas das 25 asociacións participantes desfilarán polas instalacións antes do incio da competición ante as bandeiras de Galicia, Vigo e Special Olympìcs. Posteriormete un deportista participante na competición lerá o lema de Special Olympics, e se procederá á inauguración oficial dos xogos. Segundo explicou o presidente desta entidade, Eladio Fernández, no evento participarán 25 asociacións das catro provincias galegas, que ademais dos 258 deportistas desprazan a Vigo 90 adestradores. Ademais, nos xogos adáptanse as probas as persoas condiscapacidade intelectual, de xeito que se dividen por niveis en función do seu grado de dependencia. Así, haberá probas de 25, 50 e 100 metros libres, mariposa, braza e espalda segundo o seu nivel, e relevos e probas adaptadas con e sen elementos de flotación.
Descargar todas as imaxes