A cúpula diretiva de Correos analiza en Vigo a súa planificación actual e futura
As Xornadas da Dirección de Planificación de Correos se celebran cada dous meses nas cidades máis importantes de España. Este xoves foi o turno de Vigo, e o alcalde, Abel Caballero, acudíu á inauguración do evento da Sociedade que estivo baixo o seu mando no seu periodo ministerial. Abel Caballero salietou o bo funcionamento do servizo na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu á cúpula diretiva de Correos unha benvida oficial por mor das Xornadas de Planificación e Finanzas que celebra e entidade na cidade olívica. Este evento se celebra cada dous meses nas grandes cidades españolas, e este xoves recalou en Vigo.
A reunión estivo composta por preto de 60 persoas pertencentes á Direción completa de Planificación e Finanzas de Correos e aos Xefes de Finanzas e os coordinadores de Inmobles zonais de toda España. Acudiron asemade o Director do organismo en Galicia e o Xerente no noroeste peninsular: Galicia, Asturias, Cantabria e Castilla e León.
O alcalde salientou o bo servizo que ofrece Correos en España, con "22 millóns de envíos diarios", e sobre todo en Vigo, polo carácter especial da súa orografía. Abel Caballero felicitouse porque as Xornadas teñan lugar en Vigo, xa que corrobora que "a cidade está a cobrar o peso que lle corresponde no conxunto do Estado".
Descargar todas as imaxes