Escoitar

Exposición homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez

A Casa Galega da Cultura amosa do 21 de abril ao 25 de maio a exposición "A palabra e os días. Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez". Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este ano se adica o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico e a súa vida a través dos obxectos persoais e as pezas dos fondos da familia Álvarez Blázquez.

venres, 18 abr 2008
1208523597blazquez.jpg
Esta exposición sobre Xosé María Álvarez Blázquez pretende achegarnos á súa figura atendendo ás súas múltiples facetas vitais e creativas. Nesta homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez propose tamén unha viaxe pola súa vida desde o seu nacemento en Tui ata a súa morte en Vigo. É, dalgunha maneira, unha viaxe pola Galicia do século XX.

A Galicia que hoxe le e escribe en galego non existiría sen a contribución de xentes ilusionadas coma Xosé María Álvarez Blázquez. A exposición "A palabra e os días", é, sobre todo, unha homenaxe.

E como homenaxe a mostra organiza actividades paralelas con varios obradoiros e un ciclo de conferencias.

A exposición está organizada e patrocinada pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, Consellería de Cultura e Deporte e Editorial Galaxia.

O horario da exposición é de luns a venres de 18.00-21.30 h; sábado: 11.00-14.00h , 18.00-21.30 horas; e domingo e festivos: 11.00-14.00 horas.
Descargar todas as imaxes

Máis información