Contratación dun licencidado en dereito e un arquitecto
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou, en sesión do 27 de marzo de 2008, autorizar a contratación en prácticas e por un periodo de seis meses dun licenciado en dereito e dun arquitecto superior para a Oficina de Información en materia de Vivenda na Xerencia de Urbanismo. O título dos candidatos non poderá ter unha antigüidade superior ós catro anos (seis anos, de tratarse dun traballador minusválido).
A través deste anuncio convócase ós posibles interesados para que no prazo de quince días naturais desde a súa publicación na prensa local presenten no Rexistro da Xerencia de Urbanismo a correspondente solicitude, achegando a documentación conforme ás bases que se facilitarán na citada dependencia.