Vigo acolle o único evento da saúde do Noroeste Peninsular
Preto de 400 firmas están presentes na primeira edición do Salón da Saúde e Hábitos de Vida, TodoSalud 2008, que ten lugar no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) do 18 ao 20 de abril. A Feira, dirixida tanto a profesionais como ao público en xeral, ven potenciar os hábitos de vida saudables a través de charlas, probas diagnósticas e degustacións gratuitas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de inaugurar oficialmente a única mostra da saúde de todo o noroeste peninsular, TodoSalud 2008, que se celebra no IFEVI do 18 ao 20 de abril. Ao acto acudiron asemade o Diretor Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Ramón Medina; o Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra, Luis María Campos; a Directora do Salón, Raquel Robledo; e as concelleiras de Benestar Social, María Méndez; de Patrimonio Histórico, Elena Maure; e de Sanidade e Consumo, Chus Lago.
Preto de 400 firmas estan representadas nun Salón que conxuga charlas, consellos prácticos, probas diagnósticas e degustacións gratuitas co único obxectivo de potenciar os hábitos de vida saudables. A este respecto, o alcalde agradeceu o esforzo da organización, enfatizando na figura da súa Directora, Raquel Robledo, e salientou a relevancia de que TodoSalud se celebre en Vigo, unha "cidade saudable" que quere exportar a "dieta viguesa".
Para profesionais e público
O certame conta con dúas áreas independentes. A primeira, dirixida aos profesionais, onde poden contactar entre eles e coas empresas do sector. Nesta zona poden coñecer en profundidade produtos e servizos de sectores como a innovación en Farmacia e Biotecnoloxía, a tecnoloxía Sanitaria e Equipamentos; os Servizos e Equipamentos Hospitalarios e as Aplicacións do I+D+I na Discapacidade. Tamén cóntase cun espazo de produtos e solucións para Persoas Maiores e para o Equipamento Óptico e Dental.
A segunda, denominada a área Familia e Saúde, está fundamentalmente dirixida ao consumidor final, e conta con espazos específicos para bebés, persoas con discapacidade e maiores. Un área con actividades abertas a todos os visitantes de Salón.
Para todos os públicos, a escola de hostalería Fariña Branca preparará menús sans para degustación con verduras e hortalizas. A Organización Interprofesional Unícola ofrecerá degustacións de carne de coello, carne branca con 3 veces menos graxas que outras, e a Asociación Provincial de Panadeiros e Pasteleiros (Aproinppa) mostrará as calidades saudables do pan.
Ademais, os visitantes poden acceder, de forma totalmente gratuíta, a probas diagnósticas sinxelas como a medición da glicosa en sangue, medición da tensión, o coñecemento do estado da vista ou recibir consellos de como coidar as súas costas, entre outras.
I Foro da Saúde do Atlántico
De forma paralela ao Salón ten lugar o I Foro da Saúde do Atlántico, no que
colabora o Colexio Oficial De Médicos de Pontevedra e o Colexio Oficial De Farmacéuticos de Pontevedra, así como outros profesionais do sector.
Este Foro, con dúas partes diferenciadas, unha dirixida só a profesionais e outra para todos os públicos, ten como finalidade que a poboación atope alternativas que lles permitan avanzar na mellora da calidade de vida mediante a adquisición de hábitos saudables.