O vicepresidente da FISU destaca o compromiso da cidade co deportes nas súas primeiras palabras en Vigo
A primeira hora da mañá chegaban ao Pazo de San Roque os membros das Comisión Avaliadora da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU) para ser recibidos polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, así como polos diferentes representantes da Corporación Municipal.<br />
O primeiro en tomar a palabra foi o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que realizou o seu discurso en inglés. O rexedor vigués agradeceu a presenza da comisión e salientou que esta visita pon de manifesto que Vigo e quen de conseguir "todo o que se propón cando traballa unida". Caballero falou da importancia deste proxecto, que traspasa o ámbito político, e fixo fincapé nos aspectos económicos que colocan a Vigo no primeiro posto en Galicia e en lugares moi relevantes no ámbito nacional, como cuarta cidade no número de exportacións ou a segunda no aspecto pesqueiro. O alcalde de Vigo explicou ademais a situación de Vigo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e salientou o carácter internacional dalgúns eventos da cidade como a vindeira World Fishing Exhibition. Finalmente, Abel Caballero destacou a presenza de toda a cidadanía de Vigo neste proxecto representada nos medios de comunicación, "aquí están as autoridades pero toda a cidadanía está detrás de esas cámaras", dixo o alcalde referíndose aos xornalistas gráficos.
Pola súa banda, o vicepresidente da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), Stefan Bergh, agradeceu a cálida benvida recibida e salientou que as súas primeiras impresións amosaban o "compromiso da cidade con deporte". Bergh referiuse ou traballo de España nas diferentes competicións e Campionatos Universitarios de inverno e verán e salientou que o país foi un dos poucos en presentar dúas candidaturas á Universiada, "algo excepcional" dixo. O representante da FISU valorou positivamente o programa "serio, profesional e sólido" elaborado para estes días e reiterou o termo compromiso como palabra clave desta visita.
Unha vez no interior da sala de traballo, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, valorou a celebración da Universiada como un gran evento deportivo que elevará o número de participantes na vida deportiva da cidade. Domínguez salientou tamén o carácter solidario e acolledor da cidade así como o apoio da Corporación Municipal, o Goberno galego e o Goberno central. O tenente de alcalde manifestou o traballo arduo da cidade de dixo que "sen o 31 de maio somo os elixidos non lles vamos a defraudar".
Descargar todas as imaxes