venres, 1 ago 2008
O Peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo será o escenario no que o artista Miguel Bosé ofrecerá o seu espectáculo "Papitour" o vindeiro martes. 5 de agosto, nun concerto que contará con medios técnicos da última xeración. Na presentación da actuación, o concelleiro de Cultura Xesus López, salientou que será, con toda seguridade, o "concerto estrela" da Semana Grande de Vigo e agradeceu aos representantes das institucións implicadas na celebración do concerto o seu apoio, a Autoridade Portuaria, o Club Náutico, Caixanova, e a propia promotora Articket, presentes no acto<br />
venres, 1 ago 2008
Marta Larralde será a encargada de ler o pregón e presentará un espectáculo de danza vertical especialmente creado para esta ocasión<br />
mércores, 30 xul 2008
Coa inauguración hoxe dun centro de orientación afectiva e sexual á mocidade, Vigo xa forma parte da Rede Galega de Cetros Quérete, segundo anunciaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo. A apertura deste centro, ubicado na rúa Ferrería do Casco Vello vigués, resulta "sumamente importante para a cidade", segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso
venres, 18 xul 2008
Os madrileños Pereza presentarán o vindeiro martes 22 de xullo o seu novo traballo "Aproximaciones" nun show de máis de dúas horas de duración co que xa encheron Las Ventas de Madrid o pasado mes de xuño.<br />
venres, 18 xul 2008
En colaboración coa Federación Galega de Surf, a Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de iniciación a este deporte, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xullo de 10 a 12 horas na Praia de Patos. "Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas que saiban nadar e de entre 16 e 20 anos no momento da actividade", explica a concelleira de Xuventude, a nacionalista Iolanda Veloso<br />
venres, 11 xul 2008
"Recunchos de Galicia" é a exposición de fotografías realizadas por Merche Rodríguez que se pode visitar no espazo de Xuventude Punto Xove desde o 14 ao 29 de xullo.
luns, 7 xul 2008
O espazo Punto Xove da Concellaría de Xuventude realizará o martes, día 8 de xullo, unha proxección das curtametraxes gañadoras en Festival de Cans 2008. As proxeccións serán ás 18 horas nos locais de Punto Xove, na rúa López de Neira 27 baixo, con entrada gratuíta.
venres, 27 xuñ 2008
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, fará entrega esta tarde no museo Marco, ás 19 horas, dos premios correspondentes á primeira edición do concurso de fotos, vídeos e música realizados con teléfono móbil "3, 2, 1…Click". Segundo a concelleira , dende o inicio da convocatoria, a web www.321click.org recibíu máis de 3000 visitas e foron máis de 100 as persoas que participaron na proposta.
martes, 24 xuñ 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, visitaron este martes a Casa da Xuventude co obxectivo de coñecer de primeira man as demandas e inquedanzas dos mozos e mozas da cidade, xa que este é un colectivo ao que sempre estivo moi achegado. Durante a visita, que se enmarca na rolda de encontros que os concelleiros e concelleiras do BNG realizan periodicamente con distintos colectivos sociais, culturais, veciñais e deportivos da cidade, Santi Domínguez amosou a súa satisfacción polo traballo que se está a desenvolver dende a Casa da Xuventude.
luns, 23 xuñ 2008
O espazo municipal PuntoXove , dependente da concellería de Xuventude, acolle do 23 de xuño ao 8 de xullo unha mostra do traballo de Santiago Jorge. O pintor e ilustrador, nace na Illa da Palma, no ano 1962; realizou múltiples exposicións en La Palma, Santa Cruz de Tenerife, A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago e Madrid. Compaxina a súa produción pictórica coa ilustración publicitaria gañando varios certames de carteis, e coa docencia, impartindo clases de "Expresión Artística".