venres, 18 xul 2008
En colaboración coa Federación Galega de Surf, a Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de iniciación a este deporte, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xullo de 10 a 12 horas na Praia de Patos. "Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas que saiban nadar e de entre 16 e 20 anos no momento da actividade", explica a concelleira de Xuventude, a nacionalista Iolanda Veloso<br />
venres, 11 xul 2008
"Recunchos de Galicia" é a exposición de fotografías realizadas por Merche Rodríguez que se pode visitar no espazo de Xuventude Punto Xove desde o 14 ao 29 de xullo.
luns, 7 xul 2008
O espazo Punto Xove da Concellaría de Xuventude realizará o martes, día 8 de xullo, unha proxección das curtametraxes gañadoras en Festival de Cans 2008. As proxeccións serán ás 18 horas nos locais de Punto Xove, na rúa López de Neira 27 baixo, con entrada gratuíta.
venres, 27 xuñ 2008
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, fará entrega esta tarde no museo Marco, ás 19 horas, dos premios correspondentes á primeira edición do concurso de fotos, vídeos e música realizados con teléfono móbil "3, 2, 1…Click". Segundo a concelleira , dende o inicio da convocatoria, a web www.321click.org recibíu máis de 3000 visitas e foron máis de 100 as persoas que participaron na proposta.
martes, 24 xuñ 2008
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, visitaron este martes a Casa da Xuventude co obxectivo de coñecer de primeira man as demandas e inquedanzas dos mozos e mozas da cidade, xa que este é un colectivo ao que sempre estivo moi achegado. Durante a visita, que se enmarca na rolda de encontros que os concelleiros e concelleiras do BNG realizan periodicamente con distintos colectivos sociais, culturais, veciñais e deportivos da cidade, Santi Domínguez amosou a súa satisfacción polo traballo que se está a desenvolver dende a Casa da Xuventude.
luns, 23 xuñ 2008
O espazo municipal PuntoXove , dependente da concellería de Xuventude, acolle do 23 de xuño ao 8 de xullo unha mostra do traballo de Santiago Jorge. O pintor e ilustrador, nace na Illa da Palma, no ano 1962; realizou múltiples exposicións en La Palma, Santa Cruz de Tenerife, A Coruña, Vigo, Ourense, Santiago e Madrid. Compaxina a súa produción pictórica coa ilustración publicitaria gañando varios certames de carteis, e coa docencia, impartindo clases de "Expresión Artística".
luns, 9 xuñ 2008
A reforma se estenderá ata o final da estrada cortada, cun custe superior aos 1,6 millóns de euros. O proxecto chegou este luns ao Concello, quen asinará o convenio coa Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia que pemitirá o inicio dos traballos en outono. Cun prazo de execución de 12 meses, o alcalde afirmou que se tratarán de acelerar os traballos na zona de praias para que estén concluídos en xuño de 2009.
venres, 30 mai 2008
"Tardes e Noites Vivas" é un programa de ocio alternativo para mozos e mozas, posto en marcha pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración con diferentes entidades da cidade. O sábado, 31 de maio, o programa pon á disposición da xuventude viguesa un abano de actividades diferentes.
venres, 30 mai 2008
O programa "Verán Xove 08", organizado pola Concellería de Xuventude, amplía a súa oferta de actividades dirixidas a rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos, segundo anunciou este venres a Iolanda Veloso. "Na edición deste ano ofertamos máis de 1.500 prazas, debido ao incremento non campamentos e actividades desenvolvidas na propia cidade", explicou a concelleira de Xuventude.
xoves, 22 mai 2008
Xogos de rol, danza, cociña, obradoiros de contacontos, deportes, servizos ciber, música, teatro...e moitas máis actividades conforman a programación do venres, día 23, das actividades de Tardes e Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude.