Escoitar

A Concellería de Xuventude impulsa un programa pioneiro sobre seguridade viaria nos colexios

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este xoves no CEIP O Pombal un novidoso programa sobre seguridade e mobilidade destinada aos mozos e mozas de 8 a 12 anos. A iniciativa desenvólvese en colaboración co RACC e nela participarán preto de 400 nenos e nenas de sete centros escolares de Vigo.

xoves, 15 xan 2009
1232028007seguridadeviaria150109.jpg
"As cuestións de mobilidade e seguridade viaria son cruzais no desenvolvemento da nosa cidade, polo que comezar a traballar con estes conceptos con rapaces e rapazas de 8 a 12 anos pareceunos sumamente interesante", salientou Iolanda Veloso. Na presentación que este xoves tivo lugar no colexio público O Pombal participaron 92 alumnos de 4º e 5º de Primaria e xa nos vindeiros días a iniciativa formativa chegará aos colexios Alborada, O Paraixal, Sárdoma - Moledo, Quiñones de León, Eduardo Pondal e O Sello.

Segundo explicou a concelleira de Xuventude, o Programa de Educación pola Mobilidade ten como primeiro obxectivo introducir o concepto de "mobilidade sostible" e reflexionar sobre a seguridade viaria, ao mesmo tempo que se achega aos alumnos á educación en valores en temas de mobilidade coa axuda das actividades incluidas nun cd-rom. Ademáis, esta iniciativa promove o uso de medios de transporte colectivos e estimula o interese dos escolares polas distintas maneiras de desprazarse que oferta a sociedade.
Deste xeito se plantexa a educación viaria para nenos e nenas dende unha óptica integral e dende varios puntos de vista, coa implicación do colexio, o entorno familiar, medios de comunicación, e colectivos sociais entre outros.
Descargar todas as imaxes