Iolanda Veloso salienta a necesidade de recuperar a toponimia tradicional de Vigo como parte da identidade
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso salientou este mércores a necesidade de recuperar a toponimia tradicional de Vigo durante o acto de presentación da obra "Toponimia do Val do Fragoso-Coia". A edil do BNG explicou que este volume, froito do traballo de colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Universidade de Vigo, recolle a microtoponimia de Coia da man do investigador Iván Sestay Martínez.
"Temos que traballar para protexer e transmitir a nosa toponimia, porque é un elemento fundamental da nosa identidade", salientou Iolanda Veloso, quen sinalou que precisamente o primeiro volume do proxecto está adicado a Coia porque esta parroquia é unha das que "máis brutalmente sufríu a eliminación da súa toponimia tradicional" no seu proceso de urbanización. Segundo a concelleira de Normalización Lingüística, "non podemos esquecer a nosa identidade".
A edil nacionalista indicou que na actualidade, cada vez que se quere nomear unha nova rúa se solicita un informe sobre a toponimia xa existente na zona, como ten acontecido no caso da urbanización de Navia. No tocante ás rúas que xa contan cun nome asumido pola cidadanía pero nas que tamén existe toponimia tradicional, se está "valorando combinar na sinaléctica a toponimia tradicional cos nomes xa instalados".
O vogal de Cultura da Federación Veciñal Eduardo Chao, Xosé Couñago, salientou igualmente a importancia dos traballos de recuperación da toponimia tradicional, preocupación manifestada xa hai anos por distintas asociacións veciñais no transcurso da elaboración do PXOM. Na súa intervención agradeceu á concelleira de Normalización Lingüística, á Universidade de Vigo e ao propio autor da obra "o seu esforzo para conservar os topónimos tradicionais da cidade".
O autor da obra, Iván Sestay, expresou igualmente ao Concello de Vigo esta iniciativa e sobre todo aos informantes, "as persoas orixinarias de Coia". Sinalou que este barrio era unha parroquia rural, "a que máis sufríu o proceso de perda da súa toponimia". Subliñou que existen topónimos de máis de dous mil anos de antigüidade, como o propio nome de Coia, de orixe prerrománica. Ademais, indicou que o libro recolle máis de 300 microtopónimos que, ao seu xuízo, se atopan "en perigo de desaparición". Os topónimos de Coia e o Val do Fragoso recollen entre outras cousas as características dos terreos, das terras de labranza, da flora e fauna da zona, así como a propia historia da zona.
Este proxecto, ao que lle seguirán outros volumes, pretende recuperar os nomes de séculos de antigüidade, e vai en consonancia coa decisión plenaria de recuperar a toponimia tradicional para nomear as novas rúas da cidade. Ademais no último Pleno do Consello Social da Lingua de Vigo, órgano consultivo do Concello en materia de lingua, tamén se avogou pola recuperación desta toponimia esquecida, e que é símbolo do pasado de Vigo. Neste Consello están representadas as máis importantes e influentes entidades e asociacións da cidade de Vigo, que deron o seu visto bo á recuperación dos nosos topónimos.
Descargar todas as imaxes