venres, 16 xan 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este venres a posta en marcha do dispositivo temporal de acollida de emerxencia na antiga Escola de Hostelería, ubicada na rúa Cánovas del Castillo. Segundo a edil esta instalación terá unha capacidade de vinte prazas e a hora de entrada será de 22 a 24 horas "para non interferir no descanso das persoas que alí se atopen".
venres, 16 xan 2009
A Ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestaron que Vigo é a primeira cidade de Galicia e "unha das primeiras de España" en ter autorizados todos os seus proxectos presentados ao Plan Estatal de Inversión Local do Goberno de España.
venres, 16 xan 2009
O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, salientou este venres a necesidade de que o goberno local coordine as diversas accións que desenvolve coas forzas sindicais. Santi Domínguez así o manifestou tras a reunión que mantivo cos secretarios comarcais de CCOO, José Cameselle, de UXT, Olga Alonso, e da CIG, Xerardo Abraldes e que cualificou de "interesante grata e moi formativa".
venres, 16 xan 2009
O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e a concelleira de Patrimonio Histórico anunciaron este venres que a musealización dos restos arqueolóxicos do Castro conta cun investimento de 1.082.000 euros. Segundo os nacionalistas, esta actuación permitirá a recuperación e disfrute dunha parte fundamental do patrimonio histórico vigués que ten unha datación entre o século II a.C. e o III d.C.
venres, 16 xan 2009
Do 15 ao 19 de xaneiro, a cidade de Vigo acolle a terceira edición de Feira Internacional Contemporánea PURO ARTE. Un acontecemento artístico e cultural no que se dan cita máis de 50 galerías procedentes de todo o mundo que mostrarán a obra pictórica, escultórica e gráfica dos artistas máis acreditados da escena internacional. O feira, apiada e auspicidada polo Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Gaixanova, reden homenaxe ao galego Luís Caruncho cunha retrospectiva da súa obra.
venres, 16 xan 2009
A partir da segunda semana de xaneiro, o departamento educativo do MARCO retoma a programación para escolares interrompida polas vacacións de Nadal. Esta segunda fase do programa —que nestes meses xira ao redor da exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’— ten comezado cunha moi boa acollida por parte do alumnado e do persoal docente. ‘7+1’ é o nome xenérico deste programa de actividades, visitas e obradoiros, con propostas específicas e diferenciadas para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.
venres, 16 xan 2009
Representantes de Vigozoo entregaron hoxe venres aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis arredor de 80 kilos de alimentos recollidos na campaña "Un neno, un alimento", que se desenvolveu no parque da Madroa durante as datas de nadal.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
venres, 16 xan 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de montaxe de guindastre torre, a<br />
realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico a rúa Uruguay, treito entre Colón e República Arentina, con acceso exclusivo para garaxes, dende o domingo 18 de xaneiro de 2009 ás<br />
08:00 horas e por un período aproximado de sete horas.