O MARCO retoma a programación para escolares interrompida polas vacacións de Nadal
A partir da segunda semana de xaneiro, o departamento educativo do MARCO retoma a programación para escolares interrompida polas vacacións de Nadal. Esta segunda fase do programa —que nestes meses xira ao redor da exposición ‘7+1 PROJECT ROOMS’— ten comezado cunha moi boa acollida por parte do alumnado e do persoal docente. ‘7+1’ é o nome xenérico deste programa de actividades, visitas e obradoiros, con propostas específicas e diferenciadas para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.
As visitas guiadas polas salas da planta baixa, na compaña dos educadores, procuran un achegamento ás obras dende 7 puntos de vista diferentes pero relacionados, para finalizar cunha última actividade que se desenvolve no ‘Laboratorio das artes’, o espazo de didáctica do primeiro andar.
Xogos de descubrimentos para o nivel de Educación Infantil; sete pasos para ver, pensar e gozar da arte no caso do alumnado de Primaria; ou a reflexión sobre temas sociais e culturais cos grupos de Secundaria. Todo iso a través dun sorprendente percorrido por salas, en contacto directo coas obras de artistas como Thomas Hirschhorn, Jorge Perianes, Teresa Margolles ou Kendell Geers. Unha ocasión excepcional para achegarse á arte contemporánea, con moitas posibilidades de traballar diferentes contidos e aspectos do currículo escolar.
Descargar todas as imaxes