Escoitar

A Escola de Artes e Oficios organiza as II Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica

Do 15 de xaneiro ao 2 de xuño de 2009 a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) organiza as II Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica,nas que se amosa a relación da cerámica co mundo audiovisual en Asia, con dúas producións chinesas, unha xaponesa e outra coreana. As proxeccións terán lugar no salón de actos da EMAO-Escola Municipal de Artes e Oficios- ás 19 horas, con entrada gratuíta.<br />

xoves, 15 xan 2009
1232027626xornasaudiovisuaisescoladeartes.jpg
Tamén proxectarase unha obra catalá "Artigas", sobre a traxectoria do gran renovador da cerámica en España, así como as producións galegas "Japón cerca de ti" e "Namaste India", sobre os encontros internacionais de Nigrán 04-06.

Para rematar, saíndo do tema estritamente cerámico, proxectarase The Passing, todo un clásico dentro da videocreación.

Argumento de Cuentos de la luna pálida

Finais do século XVI, nunha aldea ao norte do lago Biwa, mentres Xapón está sendo asolado por unha das súas guerras civís. Genjurô, alfarero, soña coa riqueza, mentres que a súa cuñado, Tobei, coa gloria militar. Un día, no mercado, Genjurô coñece a unha bela e enigmática muller, Wakasa, coa cal vivirá unha apaixonada historia de amor, sen saber que o motivo dos seus desvelos é en realidade unha pantasma...máis información
Descargar todas as imaxes