O Infobús de Xuventude sae mañá de novo á rúa

xoves, 25 set 2008

Este venres sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No Infobús poderase tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudos, emprego, actividades de ocio ou calquera outro tema de interese para a mocidade.

A oferta inclúe cursos de formación musical, informática e artes escénicas

Aberta a inscrición nos cursos gratuítos do Súbete ó Castro

xoves, 18 set 2008

O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro", da Concellaría de Xuventude, ven de abrir o período de inscrición para os cursos gratuítos que oferta, e que arrancarán o vindeiro mes de outubro.

Miguel Bosé presentará a súa xira "Papitour" no Peirao de Trasatlánticos o vindeiro 5 de agosto

venres, 1 ago 2008

O Peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo será o escenario no que o artista Miguel Bosé ofrecerá o seu espectáculo "Papitour" o vindeiro martes. 5 de agosto, nun concerto que contará con medios técnicos da última xeración. Na presentación da actuación, o concelleiro de Cultura Xesus López, salientou que será, con toda seguridade, o "concerto estrela" da Semana Grande de Vigo e agradeceu aos representantes das institucións implicadas na celebración do concerto o seu apoio, a Autoridade Portuaria, o Club Náutico, Caixanova, e a propia promotora Articket, presentes no acto

Vigo súmase a Rede de Centros Quérete coa apertura dun centro de orientación á mocidade no Casco Vello

mércores, 30 xul 2008

Coa inauguración hoxe dun centro de orientación afectiva e sexual á mocidade, Vigo xa forma parte da Rede Galega de Cetros Quérete, segundo anunciaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo. A apertura deste centro, ubicado na rúa Ferrería do Casco Vello vigués, resulta "sumamente importante para a cidade", segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso

A Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de surf na praia de Patos

venres, 18 xul 2008

En colaboración coa Federación Galega de Surf, a Concellería de Xuventude organiza unha xornada gratuíta de iniciación a este deporte, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xullo de 10 a 12 horas na Praia de Patos. "Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas que saiban nadar e de entre 16 e 20 anos no momento da actividade", explica a concelleira de Xuventude, a nacionalista Iolanda Veloso