As primeiras Xornadas de Mocidade e Sexualidade comezan no Verbum con máis 200 participantes
As primeiras Xornadas de Mocidade e Sexualidade, "Sexuando", comezaron este venres no Verbum-Casa das Palabras con máis de 200 participantes e prestixiosos relatores. Na inauguración, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, quen estivo acompañado co xerente do Consorcio da Igualdade e o Benestar, Lois Pérez Castrillo, e o tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, salientaron o carácter novidoso da iniciativa e a súa confianza en que esta sexa a primeira de vindeiras convocatorias.
"Poucas veces poderíamos ter un marco tan acaído para desenvolver este evento como a Casa das Palabras", salientou o vicepresidente da Xunta, quen explicou que as reflexións que se produzan nas xornadas servirán de base para a elaboración do Plan Estratéxico de Promoción e Actuación en Materia Afectivo-Sexual para a Mocidade Galega. "É un esforzo necesario o que estamos a facer para deixar atrás o escurantismo que había respecto á sexualidade", sinalou Anxo Quintana. Neste sentido subliñou a importancia dos Centros Quérote, un servizo público e gratuíto que ofrece un modelo en positivo, aberto e integral que xira arredor da afectividade, e que ao seu xuízo son "unha iniciativa pioneira dentro e fóra de Galiza".
O vicepresidente da Xunta apostou na apertura das Xornadas por conseguir que Galiza sexa unha referencia europea non só no nivel de asistencia en materia afectivo-sexual, senón tamén na creación de pensamento sobre o binomio mocidade-sexualidade. Segundo explicou Quintana, os obxectivos de poñer en marcha a Rede Quérote están acadados e mesmo superados, posto que Galiza conta con sete centros de asesoramento afectivo-sexual, que xa funcionan en Santiago, Lugo, Ourense, Vigo, Ferrol, A Coruña e Burela, e aos que se engadirá neste primeiro trimestre do ano outro centro en Pontevedra. Ao respecto destacou que, cos sete centros abertos, Galiza supera a media marcada pola Organización Mundial da Saúde, que recomenda a existencia de un centro de información e saúde sexual para a mocidade por cada 100.000 mozos entre 10 e 24 anos. Na actualidade, Galiza dispón dun centro Quérote por cada 55.400 mozas e mozos galegos entre 10 e 24 anos, duplicando así a ratio recomendada, polo que asegurou que "damos un paso importante para o país poñéndonos á cabeza europea".
"Como tenente de alcalde quero agradecer á Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar que tivera elixido Vigo para celebrar estas xornadas, coa confianza de que este é só o punto de partida dunha experiencia que estou certo que terá continuidade no tempo", salientou Santi Domínguez na súa intervención. Afirmou que durante dous días nas xornadas participarán destacados ponentes que van a abordar "con moi diferentes visións como é e como debe ser esa relación entre mozos e mozas e a sexualidade" e que falarán dun "aspecto inherente á persoa que ten ao seu redor moitos tabús". Ao seu xuízo, precisamente por isto "temos que felicitarnos por iniciativas como a que ten posto en marcha a Dirección Xeral de Xuventude para falar abertamente sobre a sexualidade". Neste sentido, destacou que as administracións non poden estar "á marxe das cuestións que teñen que ver coas relacións tanto afectivas como sexuais", senón que é obriga "artellar os mecanismos que permitan que a nosa mocidade estea axeitadamente formada a respecto da sexualidade e achegarlle a información acaída sobre os temas que lles preocupan".
Santi Domínguez salientou que é responsabilidade dos xestores públicos facer que os mozos e as mozas "vivan unha sexualidade sá, sen represións e sen prexuízos", e que dende a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude "sabemos que hai que poñerlle a información ao alcance da súa man". Finalmente, indicou que das xornadas sairán conclusións que se terán en conta para desenvolver iniciativas que teñen por obxectivo que os mozos e as mozas "vivan a súa sexualidade e as súas relacións sen complexos e con liberdade".
O xerente do Consorcio da Igualdade e o Benestar, Lois Pérez Castrillo, subliñou que a alta presenza nas Xornadas "demostra o interés da sociedade polo tema" e desexou que esta iniciativa "sexan estables no tempo e sirvan de punto de encontro aos profesionais que traballan neste ámbito". Segundo Castrillo, as xornadas son unha "reflexión colectiva sobre a atención á mocidade no eido da sexualidade", organizados polos Centros Quérote e o Consorcio. "É un organismo pioneiro na prestación de servizos en materia de igualdade e benestar, así como unha plataforma de colaboración entre institucións", explicou.
Pérez Castrillo salientou que, ademais da Vicepresidencia da Xunta, partipan no Consorcio 265 concellos galegos "co obxectivo de ofrecer á cidadanía galega un instrumento público que atenda as súas demandas". Neste sentido indicou que son 147 centros públicos, entre galescolas e centros de día, entre outras instalacións, "espallados por toda a xeografía galega e que contan con 1047 profesionais traballando, que serán 1.600 a fin de ano".
Descargar todas as imaxes